Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 6 de outubro de 2021 Páx. 48925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Padrenda (expediente IN407A 2021/123-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen tal e como se recollen no proxecto asinado en Tui (Pontevedra) polo enxeñeiro técnico industrial Rubén Francisco Fernández Vayo, colexiado nº 2.880 do COITI Vigo, en agosto de 2021, e con visado nº 22101465 con data do 6.9.2021, do sinalado colexio profesional.

Solicitante: San Miguel 2000 Distribución Eléctrica, S.L.U.; CIF: B32274680.

Enderezo: rúa Coruña, nº 20, 36700 Tui, Pontevedra.

Denominación: modificación CTA Rubiña (expediente 3147 AT).

Situación: concello de Padrenda (Ourense).

Orzamento: 8.835,62 €.

Características técnicas: modificación CTA Rubiña de 100 kVA de potencia.

CTA Rubiña. Substitución do transformador existente de 50 kVA por novo transformador aéreo intemperie de 100 kVA de potencia aparente e r/t 20.000/400-230 V, con illante en aceite mineral. Montaxe de cadro de BT e cadro de compensación de reactiva.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 10 de setembro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense