Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 6 de outubro de 2021 Páx. 48952

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2021 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas Estrella II e Jorge II.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Estrella II e Jorge II, e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escritos do 29 de xullo de 2021, Jorge Rodríguez Boullosa (***0907**) solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas Estrella II e Jorge II.

Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe da Subdirección Xeral de Acuicultura sobre a tramitación dos expedientes é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG número 180, do 21 de setembro).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), no seu artigo 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistos os antecedentes citados, e de acordo coas consideracións legais e técnicas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Mónica Rodríguez Palmeiro (***2218**), das concesións administrativas e das bateas que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Estrella II.

Situación:

Cuadrícula número: 53.

Polígono: B.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 7.4.1971.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Jorge Rodríguez Boullosa (***0907**).

Nova titular: Mónica Rodríguez Palmeiro (***2218**).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Jorge II.

Situación:

Cuadrícula número: 44.

Polígono: B.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 30.4.1968.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Jorge Rodríguez Boullosa (***0907**).

Nova titular: Mónica Rodríguez Palmeiro (***2218**).

A nova titular das concesións subrógase nos dereitos e obrigas do anterior desde o momento de formalización da mellora en escritura pública e, especialmente, subrógase en todas as obrigas contraídas polo transmitente en relación coa axuda tramitada, concedida e percibida mediante o expediente PE205C 2016/9-5, en concepto de subvencións para investimentos no ámbito da acuicultura por importe de 8.000,00 €. Así mesmo, a nova titular comprométese a non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento UE 1303/2013.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 8 de setembro de 2021

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
A xefa territorial de Vigo
Por delegación de sinatura (Resolución do 29.3.2021)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro