Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 6 de outubro de 2021 Páx. 48852

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 4 de outubro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para investimentos en equipamentos post covid dos establecementos hostaleiros financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU503E).

BDNS (Identif.): 587498.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 (inclúe autónomos que cumpran a condición de pequena empresa) do sector da hostalaría que teñan o seu domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en adiante REAT), o establecemento turístico para o que se solicita a axuda, en base aos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Aos efectos destas axudas considéranse dentro do sector da hostalaría os hoteis, hostais, casas rurais, albergues turísticos e outros tipos de aloxamentos, ademais de restaurantes, bares e outros establecementos de restauración, recollidos nos capítulos IV e V da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Segundo. Obxecto e réxime

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír á modernización e á mellora da competitividade dos establecementos hostaleiros mediante a realización de investimentos en equipamentos post covid.

Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2021. En ningún caso se admitirán nin facturas nin xustificantes de pagamento anteriores a dita data.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 4 de outubro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para investimentos en equipamentos post covid dos establecementos hostaleiros financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU503E).

Cuarto. Importe

As subvencións obxecto desta resolución, cun crédito total de 6.000.000,00 €, imputaranse á aplicación orzamentaria 05.A2 761A 770.1, proxecto 2021 00001, por un crédito de 4.000.000,00 €, e á aplicación orzamentaria 05.A2 761A 770.0, código de proxecto 2021 00001, por un crédito de 2.000.000,00 € dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2021, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, de conformidade co disposto no artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, o que poderá dar lugar á posibilidade de atender novas solicitudes que poderán implicar á subvención oportuna.

Estas axudas están financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, dentro do «Obxectivo específico 20.1.3.2-OE REACT-UE 3.2. Apoio a medidas de axuda económica nas rexións máis dependentes dos sectores máis afectados pola crise da COVID-19»; «Actuación 20.1.3.2.2 Impulso do sector turístico».

Tal circunstancia será comunicada ao beneficiario no momento que se lle comunique a resolución de concesión da subvención.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Sexto. Prazo de xustificación de la subvención

A entrega da documentación xustificativa terá de prazo ata o 10 de decembro de 2021.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2021

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia