Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 5 de outubro de 2021 Páx. 48605

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 24 de setembro de 2021 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do CRA de Coristanco-Santa Comba.

De conformidade co previsto no artigo 8 do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: A Coruña.

Concello: Coristanco.

Código: 15033198.

Denominación actual: Colexio Rural Agrupado (CRA) de Coristanco-Santa Comba.

Nova denominación: Colexio Rural Agrupado (CRA) A Tarandeira.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade