Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 5 de outubro de 2021 Páx. 48599

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

EXTRACTO da Orde do 15 de setembro de 2021, conxunta da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas, Programa de doutoramentos industriais, e se convocan para o exercicio 2021 (código de procedemento IN606D) (axudas para os centros de innovación e tecnoloxía e as universidades).

BDNS (Identif.): 586167.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas:

– Os centros de innovación e tecnoloxía con domicilio social ou centro de traballo en Galicia que desexen contratar investigadores ou investigadoras predoutorais para realizaren un proxecto de investigación industrial en colaboración cunha universidade do SUG que lles sirva como traballo de tese de doutoramento e sexa do seu interese.

– As universidades do SUG que desexen participar na execución dun proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental que se desenvolva en colaboración cunha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía con domicilio social ou centro de traballo en Galicia e asumir a dirección dunha tese de doutoramento asociada.

Segundo. Obxecto

Esta orde establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para o desenvolvemento de proxectos de doutoramento industrial, Programa de doutoramento industrial, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación e da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, código de procedemento administrativo IN606D.

O Programa de doutoramento industrial ten como obxectivos:

a) Promover a colaboración efectiva e a transferencia de coñecemento entre as universidades do SUG e o tecido empresarial mediante a sinatura de convenios ou acordos que regulen o desenvolvemento dun proxecto de investigación industrial.

b) Potenciar a captación de mozos e mozas investigadores e investigadoras para que desenvolvan proxectos de investigación nas empresas que os contraten e que lles permitan obter un doutoramento industrial en sectores de interese estratéxico rexional.

c) Posibilitar a incorporación de persoal doutor mozo ás empresas, unha vez que remate a axuda e desta maneira abrirlles novas saídas profesionais.

d) Fortalecer a colaboración entre as empresas e as universidades do SUG.

Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as ditas axudas para o ano 2021 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IN606D).

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Contía

O importe total da convocatoria é de 1.890.000 €, coa seguinte distribución anual:

Entidade beneficiaria

Nº de axudas

Aplicación orzamentaria
e código de proxecto

Crédito (en euros)

2021

2022

2023

2024

Total

Empresas

12

06.A2.561A.470.0 (2016.4)

12.000,00 €

300.000,00 €

372.000,00 €

288.000,00 €

972.000,00 €

12

06.A2.561A.770.0 (2016.4)

0,00 €

60.000,00 €

60.000,00 €

60.000,00 €

180.000,00 €

Centros de innovación e tecnoloxía

3

06.A2.561A.480.0 (2016.4)

3.000,00 €

75.000,00 €

93.000,00 €

72.000,00 €

243.000,00 €

3

06.A2.561A.781.0 (2016.4)

0,00 €

15.000,00 €

15.000,00 €

15.000,00 €

45.000,00 €

Universidades do SUG

15

10.20.561B.744.0 (2016.129)

0,00 €

150.000,00 €

150.000,00 €

150.000,00 €

450.000,00 €

Total convocatoria

15.000,00 €

600.000,00 €

690.000,00 €

585.000,00 €

1.890.000,00 €

O crédito destinado para as axudas para os centros de innovación e tecnoloxía e as universidades é dun total de 738.000,00 €.

Entidade beneficiaria

Nº de axudas

Aplicación orzamentaria
e código de proxecto

Crédito (en euros)

2021

2022

2023

2024

Total

Centros de innovación e tecnoloxía

3

06.A2.561A.480.0 (2016.4)

3.000,00 €

75.000,00 €

93.000,00 €

72.000,00 €

243.000,00 €

3

06.A2.561A.781.0 (2016.4)

0,00 €

15.000,00 €

15.000,00 €

15.000,00 €

45.000,00 €

Universidades do SUG

15

10.20.561B.744.0 (2016.129)

0,00 €

150.000,00 €

150.000,00 €

150.000,00 €

450.000,00 €

Total

3.000,00 €

240,000,00 €

258.000,00 €

237.000,00 €

738.000,00 €

As axudas serán para un período máximo de tres anos, contados a partir da data de inicio do contrato da doutoranda ou doutorando por parte do centro de innovación e tecnoloxía e as universidades.

A contía das axudas será:

a) Para o centro de innovación e tecnoloxía:

a.1) Custos para o desenvolvemento do proxecto de doutoramento industrial:

i) Custos de contratación da persoa doutoranda. O importe máximo de cada axuda é de 24.000 € anuais por contrato. Este importe só poderá ir destinado ao financiamento dun contrato a tempo completo, incluíndo os seus custos sociais, aplicado á persoa seleccionada para a realización da tese de doutoramento no marco do proxecto de desenvolvemento industrial.

ii) Establécese un complemento de 1.000 € anuais por axuda para cubrir os gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período de estadía.

iii) Outros gastos relacionados co proxecto de doutoramento industrial: ata un máximo de 5.000 € anuais.

a.2) Adicionalmente, aplicarase unha axuda para a realización de estadías no estranxeiro de tres meses de duración co obxectivo de contribuir á formación da persoa doutoranda. O seu importe máximo será de 6.000 €.

b) Para as universidades do SUG:

O importe máximo da axuda concedida á universidade para o desenvolvemento do proxecto de doutoramento industrial será de 10.000 euros anuais.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación
e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería
de Cultura, Educación e Universidade

Francisco Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro
de Economía, Empresa e Innovación
e presidente da Axencia Galega
de Innovación