Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 5 de outubro de 2021 Páx. 48638

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 25 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dá publicidade da resolución de autorización do Pozo número 1 no espazo termal de uso lúdico de Teáns, no termo municipal de Salvaterra de Miño (Pontevedra).

A Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación fai público que a directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, por delegación de competencias do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, asinou o 3 de xuño de 2021 a resolución de autorización do Pozo nº 1 no espazo termal de uso lúdico de Teáns cos datos que seguen:

Solicitante: Concello de Salvaterra de Miño.

Explotación: espazo termal lúdico de Teáns.

Denominación captación: Pozo nº 1.

Sección: B.

Recursos: augas termais.

Localización: Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Coordenadas: UTM (Datum ETRS 89). Fuso 29: X=542.919 e Y=4.658.998.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia.

En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras

Pontevedra, 25 de xuño de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra