Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 5 de outubro de 2021 Páx. 48639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 25 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dá publicidade da resolución de ampliación da declaración de condición mineromedicinal e termal das augas captadas no pozo denominado Pozo 3 no Balneario Baños da Brea, no concello de Vila de Cruces (Pontevedra).

A Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación fai público que a directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, por delegación de competencias do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, asinou o 9 de abril de 2021 a resolución de ampliación do recoñecemento da declaración da condición mineromedicinal e termal cos datos que seguen:

Solicitante: Os Baños da Brea, S.L.

Explotación: Balneario Baños da Brea.

Denominación captación: Pozo nº 3.

Sección: B.

Recursos: augas termais.

Localización: Vila de Cruces, Pontevedra.

Coordenadas: UTM (Datum ETRS 89). Fuso 29: X=561.320 e Y=4.734.360.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia.

En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras

Pontevedra, 25 de xuño de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra