De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e dando cumprimento ao artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación do conselleiro,
RESOLVE:
Dar publicidade á resolución da concesión das axudas da Consellería do Medio Rural ao abeiro da Orde do 14 de maio de 2021 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2021, que figuran como anexo nesta resolución.
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2021
O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015, artigo 2.3; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
ANEXO
a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 14 de maio de 2021 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2021 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).
b) Aplicación orzamentaria: 14.04.713E.770.2.
Crédito orzamentario: 1.299.209,90 €.
Esta axuda está cofinanciada polo Feaga da UE ata un 50 %, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) ata un 25 % e a porcentaxe restante a Xunta de Galicia en virtude do Regulamento (CE) núm. 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e o Real decreto 930/2017, do 27 de outubro, polo que se regula o réxime de axudas á apicultura no marco dos programas nacionais anuais, e se modifica o Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas.
c) Finalidade:
Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación:
• Liña A. Asistencia técnica a persoas apicultoras e organizacións de persoas apicultoras.
• Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea.
• Liña C. Racionalización da transhumancia.
• Liña D. Medidas de apoio aos laboratorios de análise de produtos apícolas para axuda ás persoas apicultoras para comercializaren e valorizaren os seus produtos.
• Liña E. Medidas de apoio á repoboación dos efectivos apícolas.
• Liña G. Seguimento de mercado.
d) Destinatarias:
Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias, e as cooperativas apícolas e organizacións representativas con personalidade xurídica propia, na medida en que os seus integrantes cumpran os requisitos para seren beneficiarios dalgunha ou dalgunhas das axudas recollidas no programa 2020-2022.
e) Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Tamén poderá interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.
f) Beneficiarios e importe concedido:
Nº expediente |
Beneficiario/a |
NIF/CIF |
Contía |
API-2021-32-0012 |
Agrupación Apícola de Galicia |
***2524** |
408.501,09 € |
API-2021-32-0019 |
Apibén, S.C. |
***4296** |
9.991,49 € |
API-2021-32-0002 |
Aroamel |
***4902** |
2.930,89 € |
API-2021-32-0013 |
Asoc. Agrogandeira Apícola e Forestal de Bande |
***4901** |
17.554,50 € |
API-2021-32-0004 |
Asociación Abellas Nais |
***4674** |
104.916,51 € |
API-2021-15-0006 |
Asociación Casa do Mel |
***2438** |
39.229,38 € |
API-2021-32-0029 |
Asociación Galega de Apicultores Profesionais |
***4962** |
33.683,51 € |
API-2021-15-0005 |
Asociación Galega de Apicultura |
***0772** |
395.161,01 € |
API-2021-27-0008 |
Asociación Provincial Lucense de Apicultura |
***0222** |
161.014,02 € |
API-2021-32-0020 |
Benigno Basteiro Rodríguez |
***2292** |
5.656,29 € |
API-2021-27-0023 |
David Iriso Bernárdez |
***9792** |
8.680,98 € |
API-2021-15-0028 |
Elías Seoane Corral |
***0638** |
2.894,10 € |
API-2021-32-0010 |
Felisindo Gago Anta |
***0276** |
90,00 € |
API-2021-32-0007 |
Flora Fernández Fernández |
***2851** |
135,00 € |
API-2021-27-0016 |
Gosto Productores, S.L. |
***4318** |
5.688,74 € |
API-2021-32-0011 |
Manuel Murías Fernández |
***0076** |
72,00 € |
API-2021-27-0022 |
Mieles Anta, S.L. |
***3516** |
46.270,57 € |
API-2021-32-0017 |
Miguel Ángel Fernández Pousa |
***1746** |
956,16 € |
API-2021-15-0021 |
Nueve Uvas, S.L.U. |
***9409** |
4.588,66 € |
API-2021-27-0024 |
Pazo de Lusío, S.L. |
***9909** |
36.225,28 € |
API-2021-32-0026 |
Proxectos Galegos de Apicultura, S. Coop. Galega |
***4960** |
14.505,68 € |
API-2021-32-0015 |
Raquel Rodríguez Martínez |
***7033** |
239,04 € |
API-2021-32-0014 |
Ricardo Porto González |
***3026** |
90,00 € |
API-2021-32-0027 |
Susana Vega Domínguez |
***7027** |
135,00 € |