Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 4 de outubro de 2021 Páx. 48326

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021 pola que se comunica o inicio de procedemento de incumprimento do expediente IG204.2015.1.55.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente resolución, ponse en coñecemento da empresa Lacados La Grela, S.L., titular do expediente IG204.2015.1.55, relativo ás axudas para a bonificación dos custos do financiamento das pemes de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 €, programa de apoio financeiro ás pemes (Resolución do 5 de xuño de 2015, DOG nº 115, do 19 de xuño) que, con data do 28.5.2021, o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento total das condicións impostas na resolución de concesión da axuda outorgada, co obxecto de determinar o seu alcance, que podería dar lugar á revogación da axuda concedida.

O acto obxecto do presente anuncio non se publica na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Concédese ao titular do expediente un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado para presentar alegacións co fin de xustificar a improcedencia deste presunto incumprimento. O expediente ponse de manifesto ao interesado neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2021

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica