Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 4 de outubro de 2021 Páx. 48530

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de notificación da comunicación e requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e intentada a notificación á persoa responsable, sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Xinzo de Limia, polo presente anuncio ponse de manifesto o incumprimento pola persoa responsable que a continuación se indica da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación ca parcela que se describe, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa

responsable

21.5.2021

32033A10900174

Xinzo de Limia (Santa Mariña), Xinzo de Limia,

Ourense

109

00174

34569241B;

34433989E

28.5.2021

32033A14000271

Xinzo de Limia (Santa Mariña), Xinzo de Limia,

Ourense

140

00271

34574058K

28.5.2021

32033A14100207

Xinzo de Limia (Santa Mariña), Xinzo de Limia,

Ourense

141

00207

34907275Z

21.5.2021

32033A14200116

Xinzo de Limia (Santa Mariña), Xinzo de Limia,

Ourense

142

00116

31380179Z;

01392621V

28.5.2021

32033A14400014

Xinzo de Limia (Santa Mariña), Xinzo de Limia,

Ourense

144

00014

34938379E

19.5.2021

32033A50900436

Xinzo de Limia (Santa Mariña), Xinzo de Limia,

Ourense

509

00436

34686272H

21.5.2021

32033A50910245

Xinzo de Limia (Santa Mariña), Xinzo de Limia,

Ourense

509

10245

34546719Y

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección indicada comprobouse que na referida parcela incúmprese o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, a espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese na cantidade estimada reflectida na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas

por execución subsidiaria

Estimación

prezo por ha

Liquidación

provisional

2021/32033A10900174

32033A10900174

0,0888

1.688,89 €

149,90 €

2021/32033A14000271

32033A14000271

0,0328

1.688,89 €

55,42 €

2021/32033A14100207

32033A14100207

0,0782

1.688,89 €

132,13 €

2021/32033A14200116

32033A14200116

0,4023

1.688,89 €

679,42 €

2021/32033A14400014

32033A14400014

0,3997

1.688,89 €

675,05 €

2021/32033A50900436

32033A50900436

0,4981

1.688,89 €

841,26 €

2021/32033A50910245

32033A50910245

0,1523

1.688,89 €

257,27 €

4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no 22.2 da Lei 3/2007.

5º. O texto íntegro da comunicación estará ao dispor das persoas destinatarias na sede electrónica do concello actuante.

Xinzo de Limia, 17 de setembro de 2021

Elvira Lama Fernández
Alcaldesa