Mediante a Resolución do 5 de xullo de 2021 (DOG núm. 136, do 19 de xullo) establecéronse as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor nos centros de formación e experimentación agraria, e convocáronse para o curso académico 2021/22.
O número de prazas disposto inicialmente para cada un dos distintos centros foi recollido no artigo 1.2 da Resolución do 5 de xullo de 2021 e ofertáronse para o CFEA de Becerreá un total de 35 prazas de residencia en réxime de comedor.
A evolución favorable da crise sanitaria provocada pola enfermidade COVID-19 influíu no incremento de persoas interesadas en ocupar unha praza de residencia nese centro.
Igualmente, a boa evolución da pandemia permite aumentar a oferta de prazas de residencia dispoñibles e lograr, deste modo, dar resposta á gran demanda detectada.
A finalidade última desta modificación é facilitar o acceso aos ciclos formativos de grao medio e superior da familia Agroforestal e fomentar e potenciar a formación da poboación do medio rural.
Como consecuencia do anterior, modifícase o número de prazas de residencia ofertadas no Centro de Formación e Experimentación de Becerreá en réxime de comedor de 35 ata as 45 prazas.
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2021
José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria