Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 4 de outubro de 2021 Páx. 48260

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no segundo cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2021

O director do Instituto de Estudos do Territorio
P.S. (Resolución do 3.9.2021, da conselleira
de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda)
Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Achega económica do IET

Data da

sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Federación Galega de Municipios e Provincias e os concellos de Ames, As Pontes de García Rodríguez, Cee e Coirós para o desenvolvemento do programa de apoio cartográfico a concellos

Regular o réxime de colaboración entre as partes subscritoras para os efectos de acadar a realización de bases topográficas a escalas 1/5.000, 1/2.000 e 1/1.000; esta última escala, só naqueles concellos onde existan voos fotogramétricos que permitan realizala (voados dentro do PNOA10_Galicia: https://ideg.xunta.gal/webapps/PNOA10/).

A cartografía acadada será compatible coa exixida nas normas técnicas de planeamento e seguirá as especificacións de produto da BTUG e da BTG, estando orientado o seu uso mediante sistemas de información xeográfica

50.000 €

23.6.2021

Acordo de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio (IET) da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Axencia Galega de Infraestruturas e Mobilidade (AXI) para a colaboración na realización de traballos relacionados coa implantación dun sistema dixital para o seguimento da xestión na rede de estradas da Comunidade Autónoma galega (Raega)

Establecer un marco de actuación para a colaboración entre os asinantes de cara a desenvolver acordos e tarefas que sirvan de apoio ás actuacións para desenvolver un visor xeográfico corporativo que aglutine toda a información xeográfica relacionada coa Rede autonómica de estradas de Galicia, xestionalo e que, á súa vez, sirva como instrumento de traballo útil para o persoal da AXI e como punto de consulta de información para a cidadanía, simplificando trámites co organismo xestor das estradas de titularidade autonómica

Sen achega económica

8.7.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Federación Galega de Municipios e Provincias e os concellos de Ames, As Pontes de García Rodríguez, Cee e Coirós para o desenvolvemento do programa de apoio cartográfico a concellos

Modificación de parte do clausulado e anexos do convenio asinado o 23.6.2021. A modificación afecta as hectáreas do concello de Coirós e o correspondente reaxuste dos importes que debe aboar por este concello; daquela, tamén afecta o importe global do convenio, pero sen incrementar o importe total das obrigas de contido económico asumidas

Sen achega económica

8.7.2021

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio ambiente, Territorio e Vivenda, a través da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo (DXOTU), e o Instituto de Estudos do Territorio (IET) para a realización de traballos relacionados coa cartografía vinculada ao planeamento urbanístico e coa analítica en sistemas de información xeográfica

Establecer pautas de colaboración no marco dos traballos de competencia da DXOTU que demandan os coñecementos e a experiencia do IET nos contornos da cartografía e analítica en sistemas de información xeográfica (SIX); en especial, no relativo á actualización dinámica do Plan básico autonómico e ao control, validación e seguimento da cartografía contratada pola DXTOU para formular os plans básicos municipais e mantemento, actualización e mellora do visor do Sistema de información de ordenación do territorio e urbanismo (Siotuga)

Sen achega económica

22.7.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto Ríos)

Establecer as condicións que rexerán a participación e colaboración entre os asinantes para desenvolver as actividades e actuacións planificadas para o ano 2021 no marco do Proxecto Ríos, programa de voluntariado e educación para a sustentabilidade que pretende dar resposta á problemática da contaminación e deterioración dos ecosistemas fluviais

Sen achega económica

26.7.2021

Convenio de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos da Demarcación de Galicia, para a elaboración dunha guía de recomendacións básicas para a integración paisaxística das instalacións portuarias da Xunta de Galicia

Elaborar unha guía de recomendacións básicas para a integración paisaxística das instalacións portuarias da Xunta de Galicia, como unha ferramenta que axude á integración na paisaxe. As intervencións obxecto deste convenio están incluídas dentro da nova planificación da Estratexia da paisaxe galega 2021-2024

22.000 €

30.7.2021

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto de Estudos do Territorio, e do Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Federación Galega de Parques Empresariais de Galicia para o desenvolvemento de actividades relacionadas coa integración paisaxística dos parques empresariais de Galicia

Definir o marco xeral de colaboración entre os asinantes para o desenvolvemento conxunto de actividades relacionadas coa protección, a investigación e a divulgación en materia de paisaxe, en especial no referente aos parques empresariais existentes no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

31.7.2021