Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 4 de outubro de 2021 Páx. 48316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 20 de setembro de 2021 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola das parcelas 38 e 10.038 do polígono 1, zona 16, do termo municipal da Pastoriza.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 20 de setembro de 2021, o cambio de actividade de forestal a agrícola das parcelas 38 e 10.038 do polígono 1, zona 16, do termo municipal da Pastoriza.

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data de quince de febreiro de 2021.

Lugo, 21 de setembro de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo