Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 4 de outubro de 2021 Páx. 48314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 16 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura (expediente 2020/221-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, á persoa citada no anexo, a resolución ditada no procedemento que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no expediente tramitado nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro da resolución, emprázase a dita persoa interesada por sí ou a través do seu representante legal para que no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición ás resolucións administracións, desde o día seguinte ao da notificación da resolución, practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.

Vigo, 16 de setembro de 2021

Mª José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2020/221-36.

DNI: 53863033T.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 29 de decembro de 2020.

Efectos xurídicos que produce a resolución: modificación de medida administrativa.