Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 1 de outubro de 2021 Páx. 48139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 14 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican diversas resolucións ditadas no procedemento BS210A (expediente VI-57120 e oito máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación das resolucións ditadas pola Xefatura Territorial no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, emprázanse as persoas citadas no anexo ou aos seus representantes debidamente acreditados, para proceder á notificación das referidas resolucións ditadas no procedemento competencia desta xefatura territorial. No prazo de dez días (10), contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na praza da Estrela s/n, 3º andar de Vigo, en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non facelo así, teráselles por notificados ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer o recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 14 de setembro de 2021

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/
Nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

BS210A/VI-57120

39499423M

Resolución de recoñecemento

10.2.2021

BS210A/VI-73434

34501100L

Resolución por falecemento e arquivamento

11.5.2021

BS210A/VI-82972

35939891E

Resolución por falecemento e arquivamento

8.6.2021

BS210A/VI-83198

K5415840F

Resolución aceptando a desistencia e arquivamento

21.5.2021

BS210A/VI-85579

36074208L

Resolución por falecemento e arquivamento

20.4.2021

BS210A/VI-85598

36030662N

Resolución de recoñecemento

12.3.2021

BS210A/VI-86242

35975049J

Admisión da tramitación prioritaria por emerxencia social

16.3.2021

BS210A/VI-86242

35975049J

Resolución de recoñecemento

26.3.2021

BS210A/VI-86242

35975049J

Resolución de aprobación do programa

29.3.2021

BS210A/PO-86727

76535492W

Resolución por falecemento e arquivamento

8.6.2021

BS210A/PO-86848

35205714M

Resolución por falecemento e arquivamento

10.6.2021