Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 1 de outubro de 2021 Páx. 48141

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 31 de agosto de 2021, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o intento de mutuo acordo ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/16/105.06.

Para os efectos de coñecemento das persoas interesadas, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo presente anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o intento de mutuo acordo do expediente expropiatorio polas obras do itinerario peonil e ciclista na PO-411, treito Parderrubias, p.q. 4+260-6+250, de clave PO/16/105.06, no concello de Salceda de Caselas.

As persoas poden tomar vista do expediente no Servizo Provincial de Pontevedra sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 31 de agosto de 2021

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

1

36049A03000289

Pilar Muñiz Martínez

4

36049A03000291

Antonio Pérez Álvarez

8

36049A03000282

Pilar Muñiz Martínez

23

36049A03000234

María Álvarez Pérez

82

36049A02100452

Fermina Fandiño Pérez

94

36049A03200083

Hros. de Salvador Martínez González