Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 30 de setembro de 2021 Páx. 47903

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predio, ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Unha vez tentada a notificación que consta no seguinte expediente, na forma prevista nos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), sen que fose posible efectuala por causas non imputables a esta administración e, en aplicación do disposto nos artigos 44 a 46 do mesmo texto legal e no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción dada pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación da referencia do expediente e da referencia catastral da parcela afectada, co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte aos incendios forestais, no caso de incumprimento das ordes ditadas contra os responsables, advertindo da execución subsidiaria por conta da persoa interesada de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase á disposición da persoa interesada no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Nome/DNI interesado

Referencia catastral

358/2018

(URB/09/2018)

35806336M

36036A037000310000QB

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación que, neste caso, coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 23 de setembro de 2021

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa