Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 30 de setembro de 2021 Páx. 47902

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de delimitación do núcleo rural da Farrapa.

O Pleno do Concello, en sesión do 2 de setembro de 2021, aprobou inicialmente o proxecto de delimitación do núcleo rural da Farrapa, parroquia de Berdeogas, redactado pola empresa Estudio Técnico Gallego, S.A. O expediente sométese a información pública por prazo de dous meses a efectos de reclamacións.

Dumbría, 24 de setembro de 2021

José Manuel Pequeño Castro
Alcalde