Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 30 de setembro de 2021 Páx. 47816

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2021 pola que se amplía o prazo de execución previsto na Resolución do 4 de xuño de 2020 pola que se modifican os prazos de execución e xustificación recollidos na Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021.

O 29 de novembro de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 228 a Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021. A devandita resolución ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria plurianual das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de promoción e dinamización con motivo da conmemoración do Ano Santo Xacobeo 2021 que se celebren entre o 1 de maio de 2020 e o 30 de abril de 2021, co obxectivo principal de lograr unha programación sociocultural cara ao Xacobeo 2021 para a promoción e potenciación de Galicia, así como reforzo da dimensión internacional do Camiño de Santiago e da propia Comunidade Autónoma, tales como exposicións, mostras, intervencións, exhibicións, concertos, feiras e festivais, publicacións, creacións audiovisuais, talleres, xornadas de formación, conferencias, charlas, encontros, foros, actividades deportivas dirixidas, torneos, mostras gastronómicas, catas e degustacións, actividades de formación e intercambio, e outras.

O 10 de xuño de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 112 a Resolución do 4 de xuño de 2020 pola que se modifican os prazos de execución e xustificación recollidos na Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021, que dispón no seu artigo primeiro que os proxectos presentados ao abeiro da Resolución do 19 de novembro de 2019 executaranse entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021, así como que o prazo de xustificación rematará o 15 de outubro de 2021.

Mediante o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, declarouse o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, que foi prorrogado por Resolución do 29 de outubro de 2020, do Congreso dos Deputados, e mantivo a súa vixencia ata as 00.00 horas do día 9 de maio de 2021.

As dificultades e restricións derivadas da crise sanitaria obrigaron ao aprazamento da execución de moitas das actividades obxecto desta convocatoria, que vai dirixida ao desenvolvemento de actuacións e accións que maioritariamente implican a concentración de público nun espazo común que deben compartir, polo que se fai preciso adoptar as medidas precisas de cara a posibilitar o cumprimento dos requisitos establecidos nas correspondentes bases reguladoras por parte das persoas beneficiarias das subvencións, ampliando o prazo de execución dos proxectos imputables á anualidade 2021 ao 15 de outubro de 2021.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar o prazo de execución dos proxectos presentados ao abeiro da Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021 ao 15 de outubro de 2021. O prazo de xustificación rematará o 15 de outubro de 2021.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2021

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia