Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 27 de setembro de 2021 Páx. 47437

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO da convocatoria para a provisión por concurso dos postos de técnica/o de Administración da Área de Intervención-Tesouraría (código dos postos IT.1.03 e I.T.1.04).

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local do 5 de xullo de 2021 aprobouse a convocatoria e as bases da convocatoria para a provisión por concurso dos postos de técnica/o de Administración da Área de Intervención-Tesouraría (código dos postos IT.1.03 e I.T.1.04).

No Boletín Oficial da provincia número 137, do 22 de xullo de 2021, publicáronse integramente as bases da convocatoria para a provisión por concurso dos postos de técnica/o de Administración da Área de Intervención-Tesouraría (código dos postos IT.1.03 e I.T.1.04).

As instancias en que se solicita participar no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte día ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na páxina web municipal ou no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Boletín Oficial del Estado, na forma prevista nas propias bases.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Culleredo, 27 de xullo de 2021

O alcalde
P.D. (Resolución do 13.7.2020; BOP núm. 114, do 23 de xullo)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Seguridade cidadá e Persoal