Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 27 de setembro de 2021 Páx. 47436

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boqueixón

ANUNCIO da modificación puntual número 4 das normas subsidiarias de 1996. Regulación das condicións de posición con respecto ao viario (expediente 2021/U032/000001).

Mediante Acordo do Pleno do Concello do 9 de xuño de 2021, o Concello de Boqueixón aprobou inicialmente a modificación puntual número 4 das NNSS para regular as condicións de posición con respecto á rede viaria.

De conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o documento a información pública polo prazo de dous meses, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e en La Voz de Galicia. O prazo comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e durante este os interesados poderán consultar o expediente nas oficinas municipais e presentar, se é o caso, as alegacións que consideren oportunas. O documento tamén poderá consultarse no portal de transparencia do concello (https://sede.boqueixon.com/gl/portal_transparencia/).

Así mesmo, conforme o disposto no artigo 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, acorda a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas nos ámbitos afectados no que resulte incompatible coa nova ordenación.

Boqueixón, 27 de agosto de 2021

Manuel Fernández Munín
Alcalde-presidente