Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 27 de setembro de 2021 Páx. 47144

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no segundo cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2021

José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no segundo cuadrimestre do ano 2021

Convenio

Data de sinatura

Achega da Axencia

Convenio entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables cofinanciado con Fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

2.7.2021

7.245,72 €