Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 24 de setembro de 2021 Páx. 46938

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito de estatutos da Asociación de Empresas Galegas de Alugamento de Autocaravanas (Asemgal).

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais se acordou depositar con data do 30.8.2021 os estatutos da Asociación de Empresas Galegas de Alugamento de Autocaravanas (Asemgal) (https://expinterweb.mitramiss.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito funcional: poderán ser membros da asociación aquelas persoas xurídicas que así o desexen e reúnan as condicións seguintes: a) Estar en posesión da licenza de alugamento de autocaravanas. b) Ter o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia. c) Aboar a cota de entrada e d) Ter polo menos unha persoa contratada por conta allea.

Asinan a acta de constitución: Elías Domingo Rozas Álvarez, Felipe Martínez Rioboo e Roberto Varela García.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais