Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 24 de setembro de 2021 Páx. 46939

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito de estatutos da Agrupación de Electores de Abante BPO Outsourcing, S.L. (AEABPO).

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais se acordou depositar con data do 10.9.2021 os estatutos da Agrupación de Electores de Abante BPO Outsourcing, S.L. (AEABPO) (https://expinterweb.mitramiss.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito funcional: poderán pertencer ao sindicato todas as persoas traballadoras, sen discriminación de ningún tipo, sempre que presten os seus servizos en centros de traballo petencentes á empresa Abante BPO Outsourcing e que estean situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Sonia Álvarez Alonso, Rebeca López Gallego e Inés Rodríguez López.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais