Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 24 de setembro de 2021 Páx. 46959

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican tres trámites de audiencia a unhas persoas afectadas polo proceso de reestruturación parcelaria da zona de San Salvador de Barbeito (Vilasantar-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, sitas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2021

Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesado/a

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

76482315R

Trámite de audiencia

San Salvador de Barbeito (Vilasantar-A Coruña)

76505427K

Trámite de audiencia

San Salvador de Barbeito (Vilasantar-A Coruña)

32767065T

Trámite de audiencia

San Salvador de Barbeito (Vilasantar-A Coruña)