Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 23 de setembro de 2021 Páx. 46784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de setembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Portela ou Feira de San Xulián, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Sobrada, no concello de Tomiño.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión do día 27 de febreiro de 2020, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Tomiño.

Parroquia: Sobrada.

Nome do monte: Portela ou Feira de San Xulián.

Cabida: 2.783 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: Óscar Fernández Estévez.

Sur: Francisco Patricia Álvarez, Miguel Pereira Español e Albertina Marín Fernández.

Leste: Cristina Diz Fernández e Marina Diz Mourón.

Oeste: Óscar Fernández Estévez.

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 9 de setembro de 2021

Xosé Carlos Morgade Martínez
Instrutor do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra