Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 21 de setembro de 2021 Páx. 46418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 8 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, de comunicación do traslado de follas de valoración no expediente de expropiación no concello de Carballeda de Avia IN407A 2020/61-3 AT.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de aprecio da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA ALB804-CT32A049 Muimenta, no concello de Carballeda de Avia (expediente IN407A 2020/61-3 AT), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

O texto íntegro das referidas follas de aprecio atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Ourense, situada na Rúa Curros Enríquez, 1-4º, 32003, Ourense (solicitando cita previa no teléfono de contacto 988 38 67 10), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes valoracións ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 8 de setembro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2020/61-3 AT.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA ALB804-CT32A049 Muimenta.

Concello: Carballeda de Avia.

Predios

Lugar

Titularidade proposta

1

Regas

Descoñecido