A Dirección Xeral da Función Pública recibiu dous oficios do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados nos recursos contencioso-administrativos PA 232/2021 e PA 234/2021 fronte á Orde do 10 de marzo de 2021 pola que se modifica o anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 61, do 31 de marzo).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ao referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2021
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública