Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 20 de setembro de 2021 Páx. 45977

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas das prazas concedidas para persoas colaboradoras ao abeiro da Resolución do 9 de xullo de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 19 de xullo), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2021/22, e pola que se procede á súa convocatoria (código de procedemento DE400A).

No Diario Oficial de Galicia núm. 136, do pasado 19 de xullo, publícase a Resolución do 9 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2021/22, establecéndose no seu artigo 5 un prazo límite de presentación das solicitudes ata o día 19 de agosto de 2021.

Rematado o prazo de solicitudes, publícase na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte deporte.xunta.gal, a listaxe provisional de avalición de solicitudes admitidas, excluídas e pendentes de emenda, presentadas ao abeiro da mencionada resolución de convocatoria o día 24 de agosto de 2021, establecendo un prazo de dez días para a formulación de alegacións, emendar erros ou achegar documentación.

Rematado o prazo de alegacións e modificadas, de ser o caso, as puntuacións dos solicitantes, a Comisión de Selección formula a proposta de resolución definitiva.

Acreditadas as actuacións levadas a cabo pola Comisión de Selección a que se refire o artigo 12 da Resolución do 9 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2021/22 (DOG núm. 136, do 19 de xullo), e as propostas formuladas por esta, logo do estudo detallado das solicitudes formuladas comprobando a concorrencia dos requisitos requiridos, tal e como queda documentado na acta redactada con ocasión da sesión de traballo levada a cabo con data do 8 de setembro de 2021, e vista a proposta formulada pola citada comisión de selección e, unha vez examinadas as alegacións presentadas, e en virtude das atribucións que me foron conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar as bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2021/22, sita en Pontevedra, ás prazas que se recollen no anexo I desta resolución, ordenadas alfabeticamente, unha vez aplicados os criterios establecidos no artigo 9 das bases reguladoras do procedemento.

Segundo. Estas listaxes expoñeranse tamén nos taboleiros de anuncios da Secretaría Xeral para o Deporte, así como na páxina web http://deporte.xunta.gal/

Terceiro. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse un recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2021

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO I

Listaxe de prazas para persoas colaboradoras no CGTD

Solicitante colaborador

Nova/renova

Total puntos

Observacións

1

García Vidal, Miryan

Renova

13,00

 

2

Bello Álvarez, Saúl

Nova

12,00

 

3

Romero Rey, Iria

Renova

10,00

 

4

Paz Novo, Ángel

Nova

2,00