Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 17 de setembro de 2021 Páx. 45874

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Lama

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente 206/2021).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a imposibilidade de notificación, por causas non imputables a esta Administración, e de acordo co establecido no punto 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2017, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, faise pública a Resolución de comunicación e requirimento para o cumprimento do deber de xestionar a biomasa na parcela de referencia catastral 36025A011005600000GS, que na súa parte dispositiva establece: 

Primeiro. Non procede a estimación ou desestimación de ningunha das alegacións, posto que segundo consta no certificado expedido por secretaría o 19 de agosto de 2021, non se presentaron alegacións en referencia ao cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:

Referencia catastral

36025A011005600000GS

Localización

Lg. A Porteliña, s/n, Antas

Segundo. Efectuar comunicación definitiva para lembrar ao responsable o cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:

Referencia catastral

36025A011005600000GS

Localización

Lg. A Porteliña, s/n, Antas

Superficie

3.682,00 m2 = 0,3682 ha

Rede de defensa contra incendios

Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Terceiro. Identificar a Mª Teresa Cambeses Cambeses, como responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas por figurar como titular dos terreos na Dirección Xeral do Catastro.

Cabe sinalar que segundo a Dirección Xeral do Catastro a persoa responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas atópase en investigación polo artigo 47 da Lei 33/2003, polo que, ao tratarse dun persoa responsable descoñecida, deberíase proceder ao descrito na alínea c) do punto oito da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, e a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, polo que a notificación debería practicarse directamente mediante publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Porén, a denunciante indica no escrito presentado que a persoa propietaria da parcela con referencia catastral 36025A011005600000GS é Mª Teresa Cambeses Cambeses, deste xeito procederase a realizar a notificación da resolución lembrando a Mª Teresa Cambeses Cambeses o cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa, previamente á publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia. No caso de que Mª Teresa Cambeses Cambeses resulte non ser a propietaria da parcela con referencia catastral 36025A011005600000GS, deberá presentar alegación ao respecto, procedendo posteriormente á publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, ao tratarse finalmente dunha parcela con propietario descoñecido.

Cuarto. De acordo co informe técnico municipal, emitido con data do 5.7.2021, e ratificado no informe técnico municipal, emitido con data do 24.8.2021 apreciáronse as seguintes deficiencias:

Parámetros de xestión de biomasa

Área de actuación

Faixa 0-10 metros

Faixa 10-30 metros

Faixa 30-50 metros

Estrato arbóreo:

– Piñeiro galego

– Piñeiro do país

– Piñeiro silvestre

– Piñeiro de Monterrey

– Piñeiro de Oregón

– Mimosa

– Acacia Negra

– Eucalipto

(disposición adicional 3ª)

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total das especies citadas

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total das especies citadas

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato arbustivo:

– Queiruga

– Carqueixa

– Uz, carpaza

– Xesta

– Piorno

– Fento

– Silva

– Toxo

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato herbáceo:

– Todas as herbáceas

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato arbóreo:

Frondosas caducifolias

– Ameneiro

– Pradairo

– Bidueiro

– Freixo/Freixa

– Castiñeiro

– Carballo

– Cerdeira

– Cerquiño

– Sobreira

– Aciñeira

– Abeleira

– Faia

– Umeiro

– Loureiro

– Sorbeira do monte

– Capudre

– Nogueira

– Érbedo

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Permitido:

Clareo: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si

Poda:

– Árbores <11,4 m de altura: poda ata 1/3 altura.

– Árbores >11,4 m de altura:

Poda mínima 4 m

 Cumpre

 Non cumpre

Permitido:

Clareo: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si

Poda:

– Árbores <11,4 m de altura: poda hasta 1/3 altura.

– Árbores >11,4 m de altura:

Poda mínima 4 m

 Cumpre

 Non cumpre

Vexetación seca:

Arbórea, arbustiva e herbácea

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

A parcela denunciada conta con estrato arbóreo (incluído na disposición adicional 3ª: piñeiro, mimosa, acacia e eucalipto), arbustivo e herbáceo, así como vexetación seca na maior parte da súa extensión, incumprindo deste xeito os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda a eliminación total deste tipo de vexetación.

Quinto. Fixar o prazo de quince días naturais (contados desde o día seguinte á recepción da notificación da comunicación ou á publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado), para que se proceda, polo responsable, á realización das actuacións arriba indicadas, en cumprimento do previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Sexto. Transcorrido o devandito prazo, que por parte dos servizos técnicos municipais se realice a visita de comprobación e emitan informe respecto diso para verificar a execución das actuacións materiais descritas por parte do interesado.

Sétimo. Apercibir ao responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, de que se non realiza as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido para o efecto, o Concello procederá, sen máis trámites, á execución subsidiaria das mesmas.

Lembrar ao responsable, se é o caso, a obriga que ten de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, sen que sexa necesario contar co seu consentimento.

Oitavo. Determinar que, segundo valoración técnica, a liquidación provisional dos custos aos que previsiblemente dará lugar a execución subsidiaria ascende a:

Ud.

Actuación

Prezo unitario

Cantidade

Importe

Roza matogueira c/motorrozadora, ø=3-6 cm, pte<30 %

ha

Roza manual empregando motorrozadora dunha matogueira de diámetro basal comprendido entre 3 e 6 cm, en terreos con pendentes inferiores ao 30 %, e cunha superficie cuberta do 100 %, respectando aqueles exemplares que, por calquera motivo, deban conservarse. No caso de que a superficie cuberta sexa inferior ao 100 %, a medición verase afectada por un coeficiente redutor equivalente á proporción de superficie cuberta expresada en tanto por un

1.783,54 €

0,3682

656,70 €

Apeo árbores ø >20-<=30 cm

Corta manual de pés, con diámetro normal superior a 20 cm e inferior ou igual a 30 cm, densidade menor ou igual a 750 pés/ha

0,75 €

30

22,50 €

Tronzado de fustes de ø >20-<=30 cm

m3

Tronzado mediante motoserra, de árbores de diámetro normal superior a 20 cm e inferior o igual a 30 cm, en tronzas de 2,2 m

2,66 €

35,325

93,96 €

Recollida e amoreamento de residuos, dens<10 t/ha, pte<30 %

ha

Recollida e apilado de residuos forestais procedentes conxuntamente de rozas, podas e/ou claras ou clareos, con densidade inferior a 10 toneladas/hectárea, distancia máxima de recollida de 30 metros e pendente do terreo inferior o 30 %

274,01 €

0,3682

100,89 €

Queima de residuos, densidade <10 t/ha (Seaga)

ha

Queima controlada de residuos forestais amoreados procedentes de tratamentos silvícolas, con distancias entre piras inferiores a 20 m, e cunha densidade de residuo inferior a 10 toneladas por hectárea

190,47 €

0,3682

70,13 €

Total actuación

 

944,19 €

Coa advertencia de que, en caso de persistir no incumprimento, tras o transcurso do prazo de quince días concedido, procederase á exacción do importe a que ascende a liquidación provisional.

Todo iso sen prexuízo da liquidación definitiva que proceda una vez finalizados, se é o caso, os traballos de execución subsidiaria.

Noveno. Advertir que, en caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo de quince días outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador.

Así mesmo, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Décimo. Notificar esta resolución aos interesados.

Recursos procedentes: contra as resolucións e os actos de trámite que decidan, directa o indirectamente, sobre o fondo do asunto, determinen a imposibilidade de continuar co procedemento, produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, de conformidade co artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, que poderá fundamentar en calquera dos motivos de nulidade ou anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 da citada lei. O prazo para interpoñer o recurso potestativo de reposición será dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición será dun mes, desde a súa interposición (artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).

Así mesmo, e de conformidade co disposto no artigo 64 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este dáselles un prazo de dez días para que se presenten nas dependencias deste Concello e examine o expediente para os efectos de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

A Lama, 27 de agosto de 2021

Jorge Canda Martínez
Alcalde presidente