Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 17 de setembro de 2021 Páx. 45879

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Lama

ANUNCIO de notificación da comunicación e requirimento para o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas (expediente 301/2021).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a imposibilidade de notificación, por causas non imputables a esta Administración, e de acordo co establecido no número 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2017, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, faise pública a Resolución de comunicación e requirimento para o cumprimento do deber de xestionar a biomasa na parcela de referencia catastral 36025A001000300000GB, que na súa parte dispositiva establece: 

Primeiro. Efectuar comunicación para lembrar ao responsable o cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:

Referencia catastral

36025A001000300000GB

Localización

Lg. A Feixa-Verducido

Superficie

1.383 m2 = 0,1383 ha

Rede de defensa contra incendios

Asimilable rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Segundo. Identificar aos herdeiros de Elena Riveiro Iglesias, como responsables da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas por figurar como titular dos terreos na Dirección Xeral do Catastro.

Terceiro. De acordo co informe técnico municipal, emitido con data do 10 de agosto de 2021, apreciáronse as seguintes deficiencias:

Parámetros de xestión da biomasa

Área de actuación

Faixa 0-10 metros

Faixa 10-30 metros

Faixa 30-50 metros

ESTRATO ARBÓREO:

– Piñeiro galego

– Piñeiro do país

– Piñeiro silvestre

– Piñeiro de Monterrey

– Piñeiro de Oregón

– Mimosa

– Acacia negra

– Eucalipto

(disposición adicional 3ª)

Eliminación total de todo tipo de vexetación

Cumpre

X Non cumpre

Eliminación total das especies citadas

Cumpre

X Non cumpre

Eliminación total das especies citadas

Cumpre

X Non cumpre

ESTRATO ARBUSTIVO:

– Queiruga

– Carqueixa

– Uz, carpaza

– Xesta

– Piorno

– Fento

– Silva

– Toxo

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

Cumpre

X Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

Cumpre

X Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

Cumpre

X Non cumpre

ESTRATO HERBÁCEO

– Todas as herbáceas

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

Cumpre

X Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

Cumpre

X Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

Cumpre

X Non cumpre

ESTRATO ARBÓREO

Frondosas caducifolias

– Ameneiro

– Pradairo

– Bidueiro

– Freixo/Freixa

– Castiñeiro

– Carballo

– Cerdeira

– Cerquiño

– Sobreira

– Aciñeira

– Abeleira

– Faia

– Umeiro

– Loureiro

– Sorbeira do monte

– Capudre

– Nogueira

– Érbedo

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

X Cumpre

Non cumpre

Permitido:

CLAREO: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si

PODA:

– Árbores <11,4 m de altura: poda ata 1/3 altura.

– Árbores >11,4 m de altura: poda mínima 4 m.

X Cumpre

Non cumpre

Permitido:

CLAREO: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si

PODA:

– Árbores <11,4 m de altura: poda hasta 1/3 altura.

– Árbores >11,4 m de altura: poda mínima 4m.

X Cumpre

Non cumpre

VEXETACIÓN SECA

Arbórea, arbustiva e herbácea

Eliminación total de todo tipo de vexetación

Cumpre

X Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

Cumpre

X Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

Cumpre

X Non cumpre

A parcela denunciada conta con estrato arbóreo (incluído na disposición adicional tercera: piñeiro, mimosa, acacia e eucalipto), arbustivo e herbáceo, así como vexetación seca na maior parte da súa extensión, incumprindo deste xeito os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda a eliminación total deste tipo de vexetación.

Cuarto. Fixar o prazo de quince días naturais (contados desde o día seguinte á recepción da notificación da comunicación definitiva tras o trámite de audiencia ou á publicación definitiva do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado tras o trámite de audiencia), para que proceda, o responsable, á realización das actuacións arriba indicadas, en cumprimento do previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Quinto. Transcorrido devandito prazo, que por parte dos Servizos Técnicos Municipais se realice a visita de comprobación e emitan informe respecto diso para verificar a execución das actuacións materiais descritas por parte do interesado.

Sexto. Apercibir o responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas de que, se non realiza as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido para o efecto, o concello procederá, sen máis trámites, á súa execución subsidiaria.

Lembrar ao responsable a obrigación que ten de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, sen que sexa necesario contar co seu consentimento.

Sétimo. Determinar que, segundo valoración técnica, a liquidación provisional dos custos aos que previsiblemente dará lugar a execución subsidiaria ascende a:

Ud.

Actuación

Prezo unitario

Cantidade

Importe

Roza matogueira c/ motorrozadora, ø=3-6 cm, pte<30 %

Ha

Roza manual empregando motorrozadora dunha matogueira de diámetro basal comprendido entre 3 e 6 cm, en terreos con pendentes inferiores ao 30 %, e cunha superficie cuberta do 100 %, respectando aqueles exemplares que, por calquera motivo, deban conservarse. Non caso de que a superficie cuberta sexa inferior ao 100 %, a medición verase afectada por un coeficiente redutor equivalente á proporción de superficie cuberta expresada en tanto por un

1.783,54 €

0,1383

246,66 €

Corta polo pé árbores ø >12≤20 cm

pe

Corta manual de pés, con diámetro normal superior a 12 cm e inferior ou igual a 20 cm, densidade menor ou igual a 750 pes/ha

0,38 €

10

3,80 €

Tronzado de fustes de ø >12≤20 cm

m3

Tronzado de fustes con motoserra, de árbores de diámetro normal superior a 12 cm e inferior o igual a 20 cm, en trozas de 2,5 m

3,98 €

3,768

15,00 €

Recollida e amoreamento residuos, dens.<10 t/ha, pte.<30 %

Ha

Recollida e amoreamento de residuos forestais procedentes conxuntamente de rozas, podas e/ou claras ou clareos, con densidade inferior a 10 toneladas/hectárea, distancia máxima de recollida de 30 metros e pendente do terreo inferior o 30 %

274,01 €

0,1383

37,90 €

Queima de residuos, densidade <10 t/ha (SEAGA)

Ha

Queima controlada de residuos forestais amoreados procedentes de tratamentos silvícolas, con distancias entre piras inferiores a 20 m, e cunha densidade de residuo inferior a 10 toneladas por hectárea

190,47 €

0,1383

26,34 €

Total actuación

329,70 €

Coa advertencia de que, en caso de persistir no incumprimento, tras o transcurso do prazo de quince días concedido, procederase á exacción do importe a que ascende a liquidación provisional.

Todo iso sen prexuízo da liquidación definitiva que proceda una vez finalizados, de ser o caso, os traballos de execución subsidiaria.

Oitavo. Advertir que, en caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo de quince días outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador.

Así mesmo, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da talla das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Noveno. Notificar a presente resolución aos interesados para que, no prazo de dez días, poidan examinar o expediente, formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que xulguen pertinentes. Recibidas as alegacións ou transcorrido o prazo de audiencia outorgado, a Alcaldía formulará comunicación definitiva ao responsable, co contido sinalado no punto sétimo da Instrución 1/2018, do 26 de abril, en que se lle lembrarán as mencionadas obrigacións incumpridas e se lle concederá para cumprilas un prazo máximo de quince días naturais.

Recursos procedentes: contra as resolucións e os actos de trámite que decidan, directa o indirectamente, sobre o fondo do asunto, determinen a imposibilidade de continuar co procedemento, produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, de conformidade co artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, que poderá fundamentar en calquera dos motivos de nulidade ou anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 da citada lei. O prazo para interpoñer o recurso potestativo de reposición será dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición será dun mes, desde a súa interposición (artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).

Así mesmo, e de conformidade co disposto no artigo 64 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo presente dáselle un prazo de dez días para que se presente nas dependencias deste concello e examine o expediente para os efectos de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que xulguen pertinentes.

A Lama, 27 de agosto de 2021

Jorge Canda Martínez
Alcalde presidente