Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 15 de setembro de 2021 Páx. 45375

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de setembro de 2021 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 261/2021 no expediente de reposición da legalidade COR/179/2016-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol, en relación co procedemento ordinario número 261/2021, interposto pola persoa con DNI 32697500X, contra a resolución ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 25.5.2021, en que se inadmite a trámite o recurso extraordinario de revisión, interposto contra a Resolución do 13 de novembro de 2017 (expediente COR/179/2016-RP1), en que declaraba que as obras executadas en solo rústico, consistentes na construción dunha vivenda no lugar de Feira do Trece-Sedes, Concello de Narón, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a demolición das obras e o cesamento definitivo dos usos a que dese lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) emprázase a persoa con DNI 32678118V para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística