Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 15 de setembro de 2021 Páx. 45304

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2020/21.

En virtude da autorización conferida pola disposición derradeira primeira da Orde do 19 de maio de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2020/21, e de conformidade co establecido no artigo 11 desa orde, en relación coa composición do xurado de selección encargado da análise e valoración das solicitudes,

DISPOÑO:

Primeiro. Designar os membros do xurado de selección que deberán analizar e valorar as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2020/21 e facer pública a súa composición que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. O xurado poderá dispoñer a constitución dunha comisión técnica especializada para colaborar na valoración dos méritos dos aspirantes.

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2021

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional

ANEXO

Xurado de selección

a) Modalidade de Música.

– Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do secretario xeral de Educación e Formación Profesional.

– Vogais:

– Gustavo Lorenzo Prozzo, inspector de Educación.

– Rosalía Polo Cal, inspectora de Educación.

– Nuria Campo Campo, asesora de Música e Artes Escénicas.

– Secretaria: Raquel González García, asesora de Música e Artes Escénicas.

b) Modalidade de Danza.

– Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do secretario xeral de Educación e Formación Profesional.

– Vogais:

– Rubén Vázquez Rodríguez, inspector de Educación.

– María de los Ángeles Gayoso Diz, profesora de Música e Artes Escénicas.

– Nuria Campo Campo, asesora de Música e Artes Escénicas.

– Secretaria: Raquel González García, asesora de Música e Artes Escénicas.

c) Modalidade de Artes Plásticas e Deseño.

– Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do secretario xeral de Educación e Formación Profesional.

– Vogais:

– Jesús María Risueño López, inspector de Educación.

– Gonzalo Porral Mato, mestre de taller de Artes Plásticas e Deseño.

– María Rosario Ureña Lara, asesora de Ensinanzas de Réxime Especial.

– Secretaria: Raquel González García, asesora de Música e Artes Escénicas.