Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 14 de setembro de 2021 Páx. 45171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 31 de agosto de 2021 polo que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/53/2018-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 3 de agosto de 2021, resolución en que se declara que as obras consistentes na instalación dunhas casetas prefabricadas, en Aira Bela, no termo municipal de Lugo, provincia de Lugo, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución aos herdeiros da interesada con documento nacional de identidade 33777226R, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2021

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
Olalla Flores Fernández
Subdirectora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística