Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2021 Páx. 44763

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia, xestionadas por este instituto, e se establece a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021 (código de procedemento MT402B).

I

A Comunidade Autónoma de Galicia, segundo establece o artigo 27 do Estatuto de autonomía de Galicia nos parágrafos 3 e 30, ten competencia exclusiva, respectivamente, en materia de ordenación do territorio e do litoral, así como de normas adicionais sobre protección do ambiente e da paisaxe nos termos do artigo 149.1.23 da Constitución española.

Segundo o Decreto 110/2020, do 6 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, co previsto no Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e co establecido no Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma a que lle corresponden as competencias e funcións en materia de ambiente, ordenación do territorio e urbanismo, e conservación da natureza, conforme o establecido no Estatuto de autonomía para Galicia, nos termos sinalados na Constitución española.

A persoa titular da consellería é a autoridade superior da Consellería e a presidenta do Instituto de Estudos do Territorio, e con tal carácter está investida das atribucións enumeradas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

II

A Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, ten por obxecto o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, entendendo que a paisaxe ten unha dimensión global de interese xeral para a Comunidade galega, de conformidade co Convenio europeo da paisaxe, aprobado en Florencia o 20 de outubro de 2000 por proposta do Consello de Europa, que entrou en vigor o 1 de marzo de 2004, e foi ratificado polo Estado español mediante o Instrumento do 28 de xaneiro de 2008.

O artigo 5 da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, establece que os poderes públicos de Galicia velarán para que, no ámbito das súas competencias, se adopten as medidas específicas necesarias para a protección, xestión e ordenación da paisaxe; e o artigo 6, ao tratar os fins das actuacións das administracións públicas en materia de paisaxe, dispón que estas deben atender, como mínimo, entre os seus fins, a protección da paisaxe, entendida como todas aquelas accións que teñan como fin a preservación e conservación dos elementos máis significativos e característicos dunha paisaxe.

Pola súa banda, o artigo 9 do Decreto 96/2020, do 29 de maio, polo que se aproba o Regulamento da Lei 7/2008, de 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, establece que os instrumentos para a protección, xestión e ordenación da paisaxe teñen, entre outras funcións, a de fixar as condicións para a preservación e recuperación de valores paisaxísticos, así como definir as actuacións precisas para a preservación, mellora ou recuperación dos valores paisaxísticos.

III

De conformidade co establecido no artigo 10 do Decreto 244/2011, do 29 de decembro, ao Instituto de Estudos do Territorio correspóndelle o exercicio das competencias relativas a promoción, deseño, execución e seguimento de programas ou accións e actividades formativas de concienciación para a sustentabilidade dirixidas ao conxunto da sociedade de Galicia e nas súas institucións, públicas e privadas, en especial, mediante a educación e formación nas materias de urbanismo, ordenación do territorio e paisaxe; o apoio e o asesoramento á Xunta de Galicia en materia de paisaxe, e de colaboración e coordinación con outras administracións e sectores da sociedade; a posta en marcha de instrumentos para a protección, xestión e ordenación das paisaxes, tales como os catálogos da paisaxe de Galicia, as directrices de paisaxe, os estudos de impacto e integración paisaxística, os plans de acción da paisaxe, incluída a elaboración dos informes deles derivados, así como calquera outro que se entendese como necesario para o cumprimento dos puntos anteriores; así como avaliar o estado de conservación das paisaxes de Galicia, analizar as súas transformacións e previsible evolución e realizar estudos e propostas en materia de paisaxe.

Igualmente, correspóndelle formar, sensibilizar e concienciar a sociedade galega na necesidade de protexer e xestionar debidamente as nosas paisaxes: promover a colaboración e a cooperación en materia de paisaxe, así como calquera outra que teña relación co seu obxecto e fins.

A paisaxe é un elemento que coadxuva a mellorar a nosa calidade de vida e benestar, xa que a contorna preceptiva das persoas inflúe notablemente na súa vida cotiá. Por este motivo é importante acadar e protexer a rica e extensa diversidade paisaxística de Galicia.

IV

A Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, establece a obrigatoriedade de que os concellos presten determinados servizos públicos. Así mesmo, a devandita lei dispón que as funcións de coordinación e axuda da Comunidade Autónoma de Galicia se dirixirán preferentemente a acadar o obxectivo da prestación homoxénea dos ditos servizos.

Pola súa banda, a Comunidade Autónoma de Galicia busca garantir un equilibrio no territorio galego entre o medio rural e o urbano, o interior e a costa que permita o desenvolvemento económico da totalidade do territorio e que a cidadanía galega teña unhas óptimas condicións de vida, con independencia do seu lugar de residencia, mediante o potenciamento e apoio á prestación de servizos por parte dos nosos concellos, que é a Administración máis próxima ás persoas administradas, converténdoas en motores do desenvolvemento económico rexional.

Esta resolución permitirá articular unha colaboración cos concellos para desenvolver actuacións tendentes a mellorar a contorna paisaxística, ben sexa nos núcleos de poboación ou en zonas rurais ou naturais.

V

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, busca mellorar e protexer a riqueza paisaxística de Galicia, para o que conta con instrumentos cos que asegurar a súa axeitada protección, xestión e ordenación.

Dentro destes instrumentos destacan o Catálogo das paisaxes de Galicia e as Directrices de paisaxe, polo que a determinación das actuacións subvencionables a través da presente resolución se referirá a determinados impactos paisaxísticos que deron lugar a identificación de ámbitos de especial atención paisaxística (AEAP) por parte do Catálogo das paisaxes de Galicia.

Promóvese, deste xeito, unha cultura de dignificación do territorio galego en que a cooperación interinstitucional resulta estratéxica, fomentando o coidado da riqueza paisaxística en ámbitos especialmente sensibles e desenvolvendo así obxectivos previstos tanto naquel como na Estratexia galega da paisaxe: a súa posta en valor e a concienciación e sensibilización da sociedade, poñendo especial fincapé na Administración pública (recoñecemento por toda a poboación da relevancia do seu papel e da importancia da responsabilidade compartida na mellora e conservación da esencia de Galicia neste eido).

En consecuencia, con cargo aos créditos do Instituto de Estudos do Territorio asignados para esta finalidade, e tendo en conta o determinado na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da dita lei, tras os informes da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, e autorizado polo Consello da Xunta de Galicia a establecer pagamentos anticipados, e todo de conformidade coa competencia conferida polo artigo 10 dos estatutos do Instituto de Estudos do Territorio, aprobados polo Decreto 244/2011, do 29 de decembro,

RESOLVO:

Primeiro. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública para o ano 2021 para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia (código de procedemento MT402B).

O seu principal obxectivo é colaborar e corresponsabilizar os concellos galegos en relación coa mellora da contorna paisaxística, a través de intervencións dirixidas a corrixir alteracións ou impactos relacionados con certos equipamentos de titularidade municipal que supoñen unha deterioración do carácter ou da calidade da paisaxe.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva e axustarase ao disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Segundo. Obxecto e réxime das subvencións

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a corrección de impactos paisaxísticos presentes tanto en edificios de titularidade municipal coma en certos equipamentos de titularidade municipal, ou ben os producidos por eles debido ao seu aspecto exterior, todo isto en congruencia cos valores paisaxísticos recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia e os obxectivos e criterios que expresan as Directrices de paisaxe de Galicia (código de procedemento MT402B) a través de dúas liñas de axuda.

2. As dúas liñas de axuda obxecto de subvención son as seguintes:

Liña I: edificios ou dependencias destinados á prestación dos servizos municipais. Para os efectos desta resolución, terán a consideración de edificio ou dependencia destinados á prestación dos servizos municipais aqueles relacionados co exercicio de calquera das competencias referidas no artigo 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, ou cos servizos incluídos no artigo 26.1 da mesma lei.

a) Renovación do acabado exterior das fachadas (paramentos, carpintarías, cerrallarías) que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia da inexistencia dun adecuado acabado final, o deficiente estado de conservación ou a tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabado.

Poderá empregarse calquera tipo de material de revestimento exterior, sempre que resulte acorde co carácter e o uso da edificación e ofreza un adecuado resultado estético.

b) Remate ou renovación do acabado exterior de cubertas que, ben por estaren rematadas con pranchas de fibrocemento ou outros materiais equivalentes, ben por atoparse nun deficiente estado de conservación, constitúen un impacto paisaxístico.

Para o novo acabado exterior das cubertas empregarase preferentemente tella cerámica ou lousa (en función do material tradicional da comarca), aínda que poden empregarse outros materiais e solucións acordes coa edificación e que ofrezan un adecuado resultado estético.

c) Revestimento ou renovación de muros de cerramento de predios que, por estaren realizados con ladrillo ou bloques de formigón sen revestir ou formigón armado, ou polo seu mal estado de conservación, constitúan un impacto paisaxístico.

Realizaranse preferentemente revestimentos de fábrica de pedra semellante á cachotaría tradicional, ben que poden realizarse outro tipo de solucións, en todo caso adaptadas aos criterios da Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística de valados; en particular, a substitución de muros opacos por solucións diáfanas ou sebes vexetais.

Liña II: equipamentos de titularidade municipal que se sinalan a continuación, que polo seu deficiente estado de conservación ou pola súa propia configuración se asocian co problema do feísmo e producen unha distorsión da paisaxe no contorno natural ou urbano onde se sitúan:

Fontes, lavadoiros públicos, palcos de música e hórreos.

Trátase, en todo caso, de actuacións de índole menor xa que non se cambiará o seu uso nin se aumentará o volume dos elementos estruturais que os compoñen.

Establécense as seguintes indicacións para definir as actuacións subvencionables nesta liña de axudas:

2.1. Fontes:

– Acondicionar, rehabilitar ou substituír parcial ou totalmente (de ser o caso) aqueles elementos tradicionais que forman parte das fontes polo seu estado de deterioración ou por xerar un impacto na paisaxe do seu arredor.

– Traballos de corrección de xeometrías, substitución ou reforma das estruturas de soporte o das cubertas (de ser caso), respectando a arquitectura tradicional coa intención de conseguir unha integración paisaxística coas máximas garantías.

Indícanse a continuación, algunhas das operacións básicas habituais que é necesario emprender, sen prexuízo daquelas que se poidan considerar necesarias ou axeitadas dependendo dos elementos que se vaian restaurar:

• Limpeza con auga a baixa presión e manual.

• Picado e descarnado de xuntas en mal estado.

• Emprego de morteiros tradicionais a base de cal.

• Repaso de xuntas en cores acordes ao elemento tradicional ou recomendados en restauracións similares.

• Selaxe daquelas xuntas que precisan a estanquidade de depósitos e canles.

• Os elementos de fixación ou ancoraxes serán non oxidables, como poden ser aceiro inoxidable ou o bronce, mesmo corpos de carbono, co obxecto de evitar as roturas por expansión do elemento metálico oxidado.

• A ancoraxe das pezas de aceiro ou bronce á pedra farase mediante chumbo fundido. No caso de tratarse de pezas metálicas exteriores ornamentais deterioradas polo óxido, aplicaranse inhibidores de óxido, e protexeranse posteriormente.

• Novas cubertas (de ser o caso).

• Substitución ou reparacións de elementos concretos (canos, cornixas, empedrados, laxas, etc.).

• Mellora das contornas, limpezas e eliminación de biomasas que ocupan as fontes na súa propia situación (non se prevén os seus accesos).

2.2. Lavadoiros públicos:

– Acondicionar, rehabilitar ou substituír parcial ou totalmente (de ser o caso) aqueles elementos tradicionais que forman parte dos lavadoiros públicos polo seu estado de deterioración ou por xerar un impacto na paisaxe do seu arredor.

– Traballos de corrección de xeometrías, substitución ou reforma das estruturas de soporte o das cubertas (de ser o caso), respectando a arquitectura tradicional coa intención de conseguir unha integración paisaxística coas máximas garantías.

Indícanse a continuación, algunhas das operacións básicas habituais que é necesario emprender, sen prexuízo das que se poidan considerar necesarias ou axeitadas dependendo dos elementos que se vaian restaurar:

• Limpeza con auga a baixa presión e manual.

• Picado e descarnado de xuntas en mal estado.

• Emprego de morteiros tradicionais a base de cal.

• Repaso de xuntas en cores acordes ao elemento tradicional ou recomendados en restauracións similares.

• Selaxe daquelas xuntas que precisan a estanquidade dos depósitos e canles de chegada e saída.

• Os materiais pétreos non se hidrofugarán nin se consolidarán con produtos sintéticos de ningunha clase.

• Os elementos de fixación ou ancoraxes serán non oxidables, como poden ser aceiro inoxidable ou o bronce, mesmo corpos de carbono, co obxecto de evitar as roturas por expansión do elemento metálico oxidado.

• A ancoraxe das pezas de aceiro ou bronce á pedra farase mediante chumbo fundido. No caso de tratarse de pezas metálicas exteriores ornamentais deterioradas polo óxido, aplicaranse inhibidores de óxido, e protexeranse posteriormente.

• Novas cubertas (de ser o caso).

• Substitución ou reparacións de elementos concretos (canos, cornixas, empedrados, laxas, etc.).

• Mellora das contornas, limpezas e eliminación de biomasas que ocupan os lavadoiros na súa propia situación (non se prevén os seus accesos).

2.3. Palcos ou quioscos de música:

– Acondicionar, rehabilitar ou substituír parcial ou totalmente (de ser o caso) aqueles elementos tradicionais que forman parte dos palcos ou quioscos de música polo seu estado de deterioración ou por xerar un impacto na paisaxe do seu arredor.

– Traballos de corrección de xeometrías, substitución de chans, piares, vigas e cubertas que estean en mal estado o con fallos estruturais que poñan en risco aos usuarios.

– Pódese considerar o cambio ou a eliminación daqueles elementos ornamentais que non sexan axeitados ou que incidan nun impacto na paisaxe.

Indícanse a continuación algunhas das operacións básicas habituais que é necesario emprender, sen prexuízo das que se poidan considerar necesarias ou axeitadas dependendo dos elementos que se vaian restaurar:

• Picado e descarnado de xuntas en mal estado.

• Repaso de xuntas en cores acordes co elemento tradicional ou recomendados en restauracións similares.

• Selaxe daquelas xuntas en pedra, metal, madeira ou similar que comprometan a seguridade dos elementos de soporte.

• Os materiais pétreos non se hidrofugarán nin se consolidarán con produtos sintéticos de ningunha clase.

2.4. Hórreos públicos:

– Acondicionar, rehabilitar ou substituír parcial ou totalmente (de ser o caso) aqueles elementos tradicionais que forman parte dos hórreos, polo seu estado de deterioración ou por xerar un impacto na paisaxe do seu arredor e que se indican a continuación.

– Só se poderá actuar nos elementos seguintes dos hórreos públicos:

Portas, cubertas, balagustes ou doelas que estean en mal estado o con fallos estruturais ou roturas.

Pódese considerar o cambio ou a eliminación daqueles elementos ornamentais que non sexan axeitados ou que incidan nun impacto na paisaxe.

Indícanse a continuación algunhas das operacións básicas habituais que é necesario emprender, sen prexuízo das que se poidan considerar necesarias ou axeitadas dependendo dos elementos que se vaian restaurar:

• Aproveitarase toda a madeira posible empregando as técnicas e métodos tradicionais; excepcionalmente, poderanse substituír elementos irrecuperables polo seu estado. No caso de substitución, deberá ser co mesmo tipo de madeira que nas pezas orixinais.

• Protexerase a madeira cun produto insecticida e funxicida. A pintura e a súa cor serán como a existente na zona e, de ser o caso, a recomendada na Guía de cores e materiais de Galicia. As súas características permitirán a transpiración da madeira, polo que se empregará pintura de poro aberto (lasures). Non se empregarán nin vernices nin pinturas plásticas, e achegarase proba mediante ficha técnica da pintura e a súa porosidade.

• As pezas de tella ou de lousa recuperaranse na medida do posible e a súa renovación farase co xeito tradicional empregado neste tipo de construción, con corte irregular e métodos artesanais e as mesmas medidas.

• Non se disporán pranchas de fibrocemento baixo as tellas; estas deberanse dispor sobre o entaboado de madeira e, de ser necesario, disporase algún tipo de protección sobre este, xa sexa cunha imprimación ou mediante a colocación dunha lámina transpirable.

• No caso de que o hórreo presente restos ou bloques de cerámica ou formigón na parte que corresponde ás doelas ou balagustes poderán acceder ás axudas, con xustificación de tal circunstancia.

3. Todas as actuacións deberán aplicar os criterios e recomendacións da Guía de cor e materiais de Galicia das doce grandes áreas paisaxísticas de Galicia, ademais de axustarse ás condicións que veñan impostas pola normativa municipal e sectorial aplicable.

Terceiro. Beneficiarios e requisitos das solicitudes

1. Poderán ser beneficiarios desta subvención aqueles concellos de Galicia, de forma individual, que reúnan os seguintes requisitos:

a) Que teñan menos de 20.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes en data 1 de xaneiro de 2020, publicadas polo Instituto Galego de Estatística.

b) Ter remitido as contas do concello correspondentes ao exercicio orzamentario de 2020 ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

2. As solicitudes presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Cada concello poderá presentar unha solicitude, na cal poderá solicitar unha axuda por cada unha das liñas existentes.

b) Dentro da liña II, unicamente se poderá solicitar unha das actuacións previstas.

O orzamento total da solicitude é o resultado da suma dos orzamentos parciais das liñas solicitadas que o integran, incluído o imposto sobre o valor engadido, que non poderá exceder os 25.000 euros por concello no caso da liña I e de 10.000 euros por concello no caso da liña II.

c) O concello debe ter a plena dispoñibilidade sobre os terreos ou predios en que se pretende realizar as actuacións.

Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes e acreditarase mediante a certificación emitida pola Secretaría do concello solicitante no modelo do anexo II.

d) De seren necesarias para levar a cabo a actuación para a cal se solicita a subvención, deberase contar coas autorizacións ou licenzas urbanísticas ou sectoriais que resulten preceptivas, tanto das entidades locais como por parte doutros organismos ou administracións públicas. Para estes efectos, o cumprimento do dito requisito acreditarase na fase de xustificación.

e) Que existe acordo do concello polo cal se solicita a subvención para as obras ou actuacións concretas que se pretenden executar ao abeiro desta resolución con base no proxecto ou memoria valorado presentado, e se aceptan expresamente as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela.

3. O incumprimento de calquera das condicións ou requisitos establecidos neste punto na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes constituirá causa de inadmisión da solicitude, sen prexuízo de calquera outra que poida derivar da normativa aplicable.

Cuarto. Gastos subvencionables

1. De acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles gastos que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e sexan efectivamente realizados a partir do día seguinte ao de publicación desta resolución.

2. Ao abeiro do regulado nestas bases, serán gastos subvencionables os seguintes:

a) A execución de obras e a adquisición de equipamentos que sexan imputables ao capítulo VI do orzamento de gastos da entidade local, de conformidade coa clasificación económica establecida pola Orde EHA/3565/2008, do 8 de decembro, pola que se aproba a estrutura dos orzamentos das entidades locais.

b) Os custos directamente relacionados cos investimentos que se efectúen, tales como honorarios de arquitectura e enxeñaría. O importe total destes custos xerais non poderá superar o máximo do 10 % do investimento subvencionable.

c) Os proxectos serán completos e de fase única, susceptibles da súa posta en servizo inmediata como consecuencia directa da execución do proxecto subvencionado. En ningún caso se admitirán fases de proxectos.

3. Sen prexuízo de calquera outra actuación que non se considere subvencionable como consecuencia do previsto nesta resolución ou na normativa xeral de subvencións, en ningún caso serán subvencionables:

a) A adquisición de terreos.

b) Os gastos correntes en bens e servizos necesarios para o exercicio das actividades das entidades locais.

c) Os investimentos de carácter inmaterial non incluídos no número 2 deste punto.

d) A adquisición de elementos decorativos ou ornamentais.

4. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os xuros, recargas e sancións administrativas e penais, nin os gastos dos procedementos xudiciais.

5. En ningún caso serán subvencionables os gastos realizados con anterioridade á data de publicación no DOG da presente resolución.

Quinto. Contratación

1. Os concellos poderán concertar con terceiros a execución total do proxecto que constitúe o obxecto da subvención. Os contratistas quedarán obrigados soamente ante a entidade beneficiaria, que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade subvencionada fronte á Administración concedente.

2. A tramitación da contratación das obras será realizada polas entidades beneficiarias conforme a normativa vixente en materia de contratación do sector público, especificamente a que rexe as contratacións das entidades locais, e serán os concellos contratantes os responsables directos das consecuencias que dos incumprimentos se poidan derivar.

3. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas para o contrato menor na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, as entidades beneficiarias deberán acreditar, xunto coa documentación xustificativa da subvención, a publicación do anuncio da licitación do contrato por calquera dos medios establecidos no artigo 347 da dita lei.

Tamén deberán achegar a resolución de adxudicación da obra na cal se xustifique que a elección entre as ofertas presentadas se realizou con base en criterios de adxudicación fundados na mellor relación calidade-prezo ou, nos supostos permitidos pola lei, nun único criterio de adxudicación relacionado cos custos.

Sexto. Financiamento e contía da subvención. Compatibilidade

1. As subvencións obxecto desta resolución financiaranse cun crédito total de 800.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 08.80.541E.760.00, código de proxecto 2021 00002, distribuídos do seguinte xeito:

a) Con cargo á liña I: ata un máximo de catrocentos mil euros (400.000 euros).

b) Con cargo á liña II: ata un máximo de catrocentos mil euros (400.000 euros).

Sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, de conformidade co disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o que poderá dar lugar á posibilidade de atender novas solicitudes que poderán recibir a subvención oportuna.

Nestes casos, o órgano concedente deberá publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios en que publicou a convocatoria sen que esta publicación implique unha apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo dos prazos para resolver.

2. Esta convocatoria tramítase ao abeiro do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e existe crédito suficiente previsto na Lei 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

3. As subvencións reguladas nestas bases serán compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para o mesmo obxecto e finalidade procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais ou de organismos internacionais, pero o seu importe en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actuación subvencionada.

4. O importe da subvención será:

Liña I: 70 % do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 25.000 euros por concello.

Liña II: 70 % do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 10.000 euros por concello.

Sétimo. Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

2. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Para os efectos da concesión das axudas, terase en conta a orde cronolóxica de entrada das solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia ata que se esgote o orzamento da convocatoria. Considerarase data de presentación válida aquela en que o expediente sexa presentado completo e conste nel a solicitude, correctamente cuberta, e toda a documentación exixida na presente resolución. Así mesmo, considerarase esgotado o orzamento cando se efectúe o rexistro da última solicitude de axuda que totalice o importe total do crédito desta convocatoria. Nese caso, e sempre antes da data máxima sinalada neste punto, poderán seguirse rexistrando solicitudes en lista de reserva provisional, as cales serán atendidas por rigorosa orde de entrada, supeditadas a que se produzan desestimacións ou revogacións das solicitudes de axuda previas.

Non serán admitidas a trámite, en ningún caso, as solicitudes presentadas fóra do prazo e de forma distinta ao que se establece nesta resolución.

6. A presentación da solicitude leva consigo a aceptación por parte de quen as formule dos termos desta convocatoria.

Oitavo. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude e documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. Os concellos interesados deberán achegar co anexo I de solicitude, debidamente cuberto, a seguinte documentación:

a) Declaración responsable asinada electronicamente pola persoa representante do concello solicitante, incluída no anexo I desta resolución, na cal se fai constar:

1) O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta resolución, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos e o compromiso de comunicar decontado cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

2) Que o concello non está incurso en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario dunha subvención.

Para os efectos do previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei de subvencións de Galicia, esta declaración será documento suficiente para acreditar que o concello está ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non é debedor por resolución de procedemento de reintegro.

3) Que todos os datos contidos na solicitude, incluídos os relativos á conta bancaria en que se realizará o pagamento da subvención, de ser o caso, e nos documentos que se achegan son certos.

4) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

5) Que cumprirá a normativa estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, cando proceda.

6) Que se compromete a cumprir as obrigas e os requisitos que se sinalan nas bases reguladoras.

7) Que as actuacións para as cales se solicita a subvención teñen a consideración de gastos subvencionables e non estaban iniciadas con anterioridade á publicación da convocatoria destas axudas.

8) Que no caso de que sexa preceptivo, se compromete, de non contar con elas, a solicitar as autorizacións ou licenzas urbanísticas ou sectoriais tanto municipais como doutros organismos ou administracións públicas que resulten preceptivas para a execución da actuación prevista.

9) Que os materiais e acabados propostos son conformes coas indicacións que se recollen nas guías a que se fai referencia no punto 2º.

b) Certificación emitida e asinada electronicamente pola persoa secretaria do concello solicitante no modelo do anexo II, na cal se faga constar:

1) O acordo do concello polo cal se solicita a subvención para as obras concretas que se pretenden executar ao abeiro desta resolución e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela, ao cal fai referencia o punto 3.2.d) desta resolución.

No referido acordo deberá constar expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na resolución, e o acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

2) A remisión das contas do concello ao Consello de Contas de Galicia, correspondentes ao exercicio orzamentario de 2020, á cal fai referencia o punto 3.1.b) desta resolución.

No certificado quedará acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, polo que se consignará a data de remisión ao Consello de Contas e non se admitirán aquelas en que non se faga constar a data de remisión.

3) A plena dispoñibilidade do concello sobre os terreos e predios en que se van desenvolver as actuacións. Deberá quedar acreditado que o concello, antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, xa ten a dispoñibilidade sobre eles, nos termos establecidos no segundo parágrafo do punto 3.2.c) desta resolución.

4) Dereitos recoñecidos netos (capítulos I, II e III do estado de ingresos) do orzamento liquidado da entidade do ano 2020, para o cálculo do esforzo fiscal do concello.

c) Memoria xustificativa da necesidade das obras ou equipamentos para os cales se solicita a subvención, asinada electronicamente pola persoa representante da entidade local.

d) Ademais da documentación indicada nos puntos anteriores, nas solicitudes de subvención para obras deberá achegarse un documento co nivel de proxecto ou memoria valorada da obra que se vai realizar, asinado electronicamente polo técnico ou pola técnica que o redacte, co seguinte contido mínimo:

1) Memoria explicativa.

2) Orzamento das partidas, con indicación das unidades e prezos de cada unha. En ningún caso se admitirán orzamentos a tanto global (partidas alzadas ou similares).

3) Referencia catastral e/ou planos de situación/coordenadas que permitan xeolocalizar con exactitude os edificios e equipamentos obxecto das axudas.

4) Planos a escala e detalle suficientes para describir as actuacións.

5) Reportaxe fotográfica do ben e da súa contorna onde se aprecia o estado actual que presenta.

Noveno. Comprobación de datos

Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

– DNI/NIE da persoa representante.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de concesións de subvencións e axudas.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Xunta de Galicia para percibir axudas ou subvencións das administracións públicas.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos correspondentes.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Décimo. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Décimo primeiro. Órganos competentes

O Instituto de Estudos do Territorio será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención e corresponderá á persoa que exerza a dirección do organismo ditar a resolución de concesión.

Décimo segundo. Instrución do procedemento

1. O órgano instrutor do procedemento será a persoa titular do Departamento de Xestión Xurídico-Administrativa do Instituto de Estudos do Territorio, organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se considerará que desistiu na súa petición, logo da correspondente resolución.

3. Unha vez recibidas as solicitudes, revisadas estas e a súa documentación e feitas as emendas necesarias, aqueles expedientes que reúnan todos os requisitos e conteñan a documentación preceptiva serán trasladados ao Departamento Técnico de Estudos para a súa valoración con suxeición aos criterios establecidos nestas bases reguladoras.

4. Unha vez que o Departamento Técnico de Estudos determine a adecuación das solicitudes presentadas ao obxecto da convocatoria, a persoa titular do Departamento de Xestión Xurídico-Administrativa elevará proposta á persoa titular da Dirección do Instituto de Estudos do Territorio, quen resolverá.

5. De acordo co establecido nos artigos 19.2 e 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o órgano competente para tramitar o procedemento instruirá os expedientes seguindo rigorosamente a orde de presentación das solicitudes e concederá a subvención en actos sucesivos ata o esgotamento do crédito a todas aquelas persoas beneficiarias que cumpran cos requisitos.

6. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, en que se indicarán as causas desta.

En todo caso, non se admitirán a trámite e ditarase a resolución de inadmisión e arquivamento das solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido na convocatoria.

Décimo terceiro. Resolución

1. O órgano instrutor elaborará a proposta de resolución definitiva, que elevará á persoa que exerza a Dirección do Instituto de Estudos do Territorio para a súa resolución. A dita proposta conterá o número de expediente, a identidade e NIF do concello, a data de presentación da solicitude, a actuación subvencionable e a contía da subvención proposta, ou ben a causa da proposta de denegación ou inadmisión, segundo corresponda.

2. A persoa que exerza a dirección do Instituto de Estudos do Territorio, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, a entidade solicitante á que se lle concede a subvención e a actuación subvencionada, así como a subvención concedida e a súa contía ou, de ser o caso, a causa de inadmisión ou denegación da solicitude.

3. As axudas concederanse baixo o réxime de concorrencia non competitiva, xa que polo seu obxecto non é preciso realizar unha comparación e determinar unha orde de prelación entre as entidades solicitantes.

4. A resolución notificarase a todas as entidades interesadas segundo o previsto no artigo 24 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Ademais, de conformidade co artigo 23.5 da mesma lei, o vencemento do prazo máximo sen que sexa notificada a resolución lexitima os interesados para entenderen desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da subvención.

5. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será dun (1) mes desde a data de presentación de solicitude de axuda. Transcorrido este, a solicitude de concesión de axuda poderase entender desestimada por silencio administrativo.

6. Unha vez esgotado o crédito destinado ás subvencións, publicarase no Diario Oficial de Galicia a dita circunstancia, que suporá a inadmisión dos expedientes instruídos con posterioridade ao esgotamento do orzamento previsto para esta convocatoria.

Décimo cuarto. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitirá ás entidades interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou medio electrónico que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderanse rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Décimo quinto. Réxime de recursos

Contra a resolución ditada pola persoa titular da Dirección do Instituto de Estudos do Territorio poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Presidencia. O prazo de interposición deste recurso será dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Se o acto non for expreso, a entidade solicitante e outros posibles interesados poderán interpoñer recurso de alzada en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto.

Décimo sexto. Aceptación e renuncia

1. Notificada a resolución definitiva polo órgano competente, a entidade beneficiaria disporá dun prazo de dez días hábiles para a súa aceptación; transcorrido este sen que se producise manifestación expresa en contra, entenderase tacitamente aceptada.

2. A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se inclúe como anexo III, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, a persoa que exerza a dirección do Instituto de Estudos do Territorio ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da citada lei.

Décimo sétimo. Obrigas das entidades beneficiarias

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, as entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigadas a:

1. Cumprir o obxectivo, executar as obras previstas no documento presentado, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

2. Xustificar ante o órgano concedente, nos prazos e na forma establecidos nestas bases reguladoras e demais normativa de aplicación, o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como o cumprimento da finalidade da subvención.

3. Realizar o proceso de tramitación e adxudicación da contratación conforme as prescricións contidas na lexislación sobre contratación administrativa das entidades locais e, especificamente, a que rexe as contratacións das administracións públicas. Serán os concellos contratantes os responsables directos das consecuencias que dos incumprimentos poidan derivar.

4. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

5. Comunicar ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

6. Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que procedan, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A aceptación da axuda supón a súa publicación nunha lista pública de beneficiarios.

7. Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, e prestar colaboración e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

8. Proceder ao reintegro total ou parcial das cantidades percibidas, se as houber, xunto cos xuros de demora correspondentes, seguindo o procedemento establecido no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia, nos seguintes supostos:

a) Incumprimento das condicións establecidas para a concesión da subvención. Sen prexuízo doutros supostos, considerarase incumprimento das condicións establecidas para a concesión a xustificación de conceptos e elementos que representen menos do 60 % do orzamento dalgunha das actuacións subvencionables. Exceptúanse as reducións no custo final do proxecto respecto do orzamento que derivan de baixas de licitación a favor da proposición economicamente máis vantaxosa.

b) Incumprimento da obriga de xustificar a efectividade dos pagamentos derivados da execución do proxecto subvencionado, nos termos establecidos no punto 19º desta resolución.

c) En todo caso será reintegrado o financiamento público polo importe pagado da subvención que supere o custo final xustificado do proxecto subvencionado.

d) Incumprimento da normativa vixente en materia de contratación do sector público e, especificamente, a que rexe as contratacións das entidades locais.

e) Incumprimento da obriga de destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención, durante un período mínimo de cinco anos. O incumprimento da obriga de destino referida producirase, en todo caso, co alleamento ou gravame dos bens e quedarán estes afectos ao pagamento do reintegro, calquera que for o seu posuidor.

f) Incumprimento das obrigas establecidas nos artigos 11 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos supostos establecidos no artigo 33 da devandita Lei de subvencións de Galicia ou calquera outro que resulte da normativa aplicable.

Décimo oitavo. Xustificación

1. A data límite de xustificación será o 31 de decembro de 2021.

2. A documentación xustificativa que deberán achegar as entidades beneficiarias das subvencións é a seguinte:

a) Facturas e, no caso de obras, certificación con relación valorada e tramitada conforme o procedemento que rexe para a Administración local.

b) Declaración responsable asinada electronicamente pola persoa representante da entidade beneficiaria segundo o modelo do anexo IV desta resolución, na cal, no caso de non ter percibido o anticipo polo 100 % da axuda, solicita que se proceda ao pagamento da subvención concedida polo importe que proceda, e na cal se faga constar:

– O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta resolución, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos e o compromiso de comunicar decontado cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

– Que o concello non está incurso en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario dunha subvención.

Para os efectos do previsto no artigo 31.7 e concordantes da Lei de subvencións de Galicia, esta declaración será documento suficiente para acreditar que o concello está ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non é debedor por resolución de procedemento de reintegro.

c) Certificación emitida e asinada electronicamente pola persoa secretaria do concello beneficiario segundo o modelo do anexo V desta resolución, na cal se faga constar:

– O acordo de aprobación polo órgano competente do concello beneficiario das facturas e, no caso de obras, das correspondentes certificacións de obra, no cal conste que se cumpriu a finalidade para a cal foi concedida a subvención.

– Que, segundo informe da intervención municipal, se tomou razón en contabilidade, en fase de recoñecemento da obriga, dos gastos correspondentes á execución do proxecto subvencionado.

– Que, segundo informe da persoa secretaria do concello, na tramitación e contratación das obras e/ou equipamentos se cumpriu a normativa de aplicación no ámbito local e, especificamente, a que rexe os contratos do sector público.

d) En cumprimento das obrigas de publicidade establecidas na resolución, deberán achegar, ademais:

– Fotografías do lugar ou lugares onde se efectuasen as actuacións, tomadas antes, durante e con posterioridade á súa realización. A presentación das fotografías farase de xeito que permita identificar os lugares e o momento da execución a que correspondan.

e) Nos supostos en que sexa exixible, consonte o punto 17º destas bases reguladoras, a entidade beneficiaria deberá presentar:

– De conformidade co previsto no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 40.000 euros, prevista para o contrato menor, o beneficiario deberá presentar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

– Documento acreditativo da publicación do anuncio da licitación do contrato por calquera dos medios establecidos no artigo 347 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Copia da resolución de adxudicación da obra ou equipamento onde quede acreditado que a elección entre as ofertas se realizou con base en criterios de adxudicación fundados na mellor relación calidade-prezo ou, nos supostos permitidos pola lei, nun único criterio de adxudicación relacionado cos custos.

3. O Instituto de Estudos do Territorio poderá solicitar calquera outra documentación necesaria para a correcta verificación da subvención.

4. A falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, sen prexuízo do previsto nos artigos 45.2 e 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Décimo noveno. Pagamento anticipado

1. Unha vez acreditada a aceptación da subvención, co obxectivo de acadar unha maior eficacia e eficiencia na xestión destas achegas e se así o solicita a entidade beneficiaria, poderase facer efectivo en concepto de pagamento anticipado ata o 100 % do importe da subvención no número de conta, con inclusión do IBAN, indicado na solicitude, segundo o previsto nos artigos 63 e 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, en referencia aos pagamentos anticipados e a exoneración da constitución de garantía por tratarse de administracións públicas.

2. Os concellos beneficiarios estarán exentos de constituír garantías, de conformidade co establecido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

3. O cumprimento dos requisitos acreditarase na solicitude mediante a declaración responsable da persoa beneficiaria, emitida baixo a súa responsabilidade e sen prexuízo da comprobación do seu cumprimento con posterioridade á resolución de concesión.

4. A persoa beneficiaria deberá xustificar, telematicamente, antes do 31 de decembro, a aplicación desta a satisfacer a débeda e a realizar os pagamentos.

5. No caso de que o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto, a contía da subvención reducirase proporcionalmente, mantendo constante a porcentaxe de financiamento establecida na resolución de concesión, ata o límite do importe concedido.

6. En ningún caso o menor custo de execución do proxecto subvencionado pode supor unha execución deficiente do proxecto e a entidade beneficiaria da subvención debe cumprir as condicións da concesión e a finalidade ou obxectivos para os cales se concedeu a axuda.

Vixésimo. Acreditación da efectividade dos pagamentos

1. De conformidade co artigo 3.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades ás entidades locais galegas, e para os efectos do establecido no artigo 29.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considerarase gasto realizado cando fose contabilizado o recoñecemento da obriga polo órgano competente da entidade local.

2. Sen prexuízo do anterior, o concello beneficiario está obrigado a acreditar documentalmente, mediante xustificante de transferencia bancaria, a efectividade dos pagamentos dos gastos correspondentes á actuación subvencionada no prazo máximo de sesenta días naturais contados a partir da data do ingreso na conta bancaria do aboamento da subvención concedida, e sempre antes do 31 de decembro de 2021.

Para o cómputo do prazo dos sesenta días naturais, o concello presentará un certificado da intervención municipal en que se faga constar a data de ingreso na conta bancaria do concello do aboamento da subvención.

3. O xustificante da transferencia bancaria estará debidamente identificado e selado pola entidade bancaria, agás que o pagamento se realice mediante banca electrónica.

Neste caso, o xustificante da transferencia bancaria deberá presentarse asinado electronicamente pola persoa representante da entidade beneficiaria das subvencións.

4. O Instituto de Estudos do Territorio poderá solicitar calquera outra documentación necesaria para a correcta verificación da efectividade dos pagamentos realizados.

Vixésimo primeiro. Perda do dereito ao cobramento da subvención

Sen prexuízo de calquera outra causa que derive da normativa aplicable á subvención, constitúen causa de perda do dereito ao cobramento da subvención as seguintes:

1. Non presentar a documentación xustificativa en tempo e/ou en forma ou a súa presentación insuficiente ou incompleta con respecto aos termos exixidos polos puntos 18º e 19º desta resolución.

2. Incumprimento das condicións establecidas para a concesión da subvención. Sen prexuízo doutros supostos aplicables, considerarase incumprimento das condicións establecidas para a concesión as seguintes:

a) Non executar o proxecto completo que fundamentou a resolución de concesión. Para estes efectos, considerarase execución incompleta a xustificación de conceptos e elementos que representen menos do 60 % do orzamento dalgunha das actuacións subvencionables.

Exceptúanse as reducións no custo final do proxecto respecto do orzamento que derivan de baixas de licitación a favor da proposición economicamente máis vantaxosa.

b) Incumprimento da normativa de aplicación no ámbito local e, especificamente, a que rexe as contratacións das administracións públicas na tramitación e contratación das obras e/ou equipamentos que constitúen o obxecto da subvención.

c) Calquera outra causa que poña de manifesto que a entidade non reunía os requisitos para ser beneficiaria destas subvencións ou a alteración dos supostos que serviron de base para a avaliación das solicitudes.

A perda do dereito será total ou parcial segundo afecte a todas ou algunha das actuacións que integran o proxecto subvencionado.

Vixésimo segundo. Cantidades dispoñibles

As cantidades que resultaren sobrantes por causa de renuncia ou falta de presentación das xustificacións correspondentes por parte dos concellos beneficiarios poderán dedicarse a subvencionar os concellos que presentaron, en prazo, solicitude de subvención ao abeiro desta resolución.

Vixésimo terceiro. Control

1. O organismo Autónomo Instituto de Estudos do Territorio poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Vixésimo cuarto. Publicidade

1. No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, beneficiario, programa e crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

2. Igualmente, publicarase na correspondente páxina web oficial, nos termos previstos no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Vixésimo quinto. Recursos contra a presente resolución

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan presentar calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Presidencia do Instituto de Estudos do Territorio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vixésimo sexto. Normativa reguladora

En todo o non previsto nesta resolución rexerá a normativa xeral en materia de subvencións contida na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ademais do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, así como supletoriamente as disposicións da Lei 39/2015, do 1 de novembro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vixésimo sétimo. Eficacia

Esta resolución producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2021

Ángeles Vázquez Mejuto
Presidenta do Instituto de Estudos do Territorio

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file