Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 7 de setembro de 2021 Páx. 44340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 18 de agosto de 2021 pola que se notifica o acordo de traslado dos recursos de reposición interpostos contra a resolución de fixación do prezo xusto de varios predios (expediente 2021000237 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles aos interesados que se relacionan no anexo o acordo de traslado do recurso de reposición e da suspensión do prazo para resolvelo, interposto no proxecto parque eólico Sasdónigas fase II-expediente LU-11/125-EOL.

2. Segundo o previsto no artigo 118.2 da Lei 39/2015, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta cédula, para formular as alegacións que consideren procedentes.

3. O texto íntegro do acordo está á disposición dos interesados na sede do Xurado de Expropiación de Galicia, rúa Avelino Pousa Antelo, nº 1, Santiago de Compostela.

4. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE) e en consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2021

Xulia Rodríguez Blanco
Secretaria do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto

Persoas que se notifica

Data do acto que se notifica

Nº de
expediente

Predio

01984 parque eólico Sasdónigas fase II-expediente LU-11/125-EOL

Paulino López Maseda

25.7.2021

2021000237

(copropietario 1)

101

Paulino López Maseda

25.7.2021

2021000230

89

Paulino López Maseda

25.7.2021

2021000237

(copropietario 2)

101

Paulino López Maseda

25.7.2021

2021000249

129