Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 7 de setembro de 2021 Páx. 44335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2021 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato da obra de instalacións do sistema de regulación do caudal ecolóxico na presa de Baiona. Baiona (Pontevedra) (clave do expediente OH.136.1167).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela.

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

1.8. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 45231100-6 (Traballos xerais de construción de tubaxes) e 45340000-2 (Traballos de instalación de varandas, pasamáns e dispositivos de seguridade).

4. Código NUTS do localización principal das obras: ES114 Baiona (Pontevedra).

5. Descrición do obxecto da licitación: obra de instalacións do sistema de regulación do caudal ecolóxico na presa de Baiona. Baiona (Pontevedra). Clave do expediente: OH.136.1167.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 222.343,88 euros. Importe total: 269.036,09 euros.

8. Valor estimado do contrato: 222.343,88 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 3 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 51 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 17 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 8 %), plan de proba dos equipamentos electromecánicos ou automatismos (ponderación 6 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e mellora de índole técnica vinculada á execución da obra (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 19 de abril de 2021.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 2.

12.2. Ofertas de pequenas e medianas empresas: 2.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 29 de abril de 2021.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou no seu caso UTE: Proyecon Galicia, S.A.

14.2. NIF: A32032039.

14.3. Enderezo: Parque Empresarial Pereiro de Aguiar. Parcela 30, 32792 O Pereiro de Aguiar (Ourense).

14.4. Código NUTS: ES113.

14.5. Teléfono: 988 51 94 14.

14.6. Fax: 988 51 94 18.

14.7. Correo electrónico: licitaciones@proyecon.com

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 185.885,00 euros. Importe total: 224.920,85 euros.

16. Información sobre o contrato relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 5 «Promover a adaptación ao cambio climático e á prevención e xestión dos riscos», prioridade de investimento 5.2 «Fomento do investimento para abordar os riscos específicos, garantía de resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvemento de sistemas de xestión de catástrofes», obxectivo específico 5.2.1 «Fomento do investimento para a prevención de xestión de riscos específicos sobre a poboación, incluíndo protección civil», Actuación 5.2.1.4 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO) «Medidas de prevención e xestión das inundacións na demarcación hidrográfica Galicia-Costa». Operación «Resto das medidas para a prevención do risco de inundación na demarcación hidrográfica Galicia-Costa». Unha maneira de facer Europa.

Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, por tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do cal se pode obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela.

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: non procede.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 31 de xullo de 2020.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 19 de abril de 2021.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 29 de abril de 2021.

Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 5 de maio de 2021.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2021

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia