Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 7 de setembro de 2021 Páx. 44345

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Lama

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente 207/2021).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a imposibilidade de notificación, por causas non imputables a esta Administración, e de acordo co establecido no punto 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2017, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, faise pública a resolución de comunicación e requirimento para o cumprimento do deber de xestionar a biomasa na parcela de referencia catastral 36025A005009090000GI, que na súa parte dispositiva establece:

Primeiro. Non procede a estimación ou desestimación de ningunha alegación posto que segundo consta no certificado expedido pola Secretaría o 12 de agosto de 2021, non se presentaron alegacións en referencia ao cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:

Referencia catastral

36025A005009090000GI

Localización

Lg. Brexiña-A Lama

Segundo. Efectuar comunicación definitiva para lembrar ao responsable o cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:

Referencia catastral

36025A005009090000GI

Localización

Lg. Brexiña-A Lama

Superficie

1.186,00 m2 = 0,1186 ha

Rede de defensa contra incendios

Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Terceiro. A persoa responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas atópase en investigación polo artigo 47 da Lei 33/2003 na Dirección Xeral do Catastro, polo que ao tratarse dun persoa responsable descoñecida, se procederá ao descrito na alínea c) do punto oito da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, e a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, polo que a notificación practicarase directamente mediante publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De acordo co informe técnico municipal, emitido con data do 28.6.2021, e ratificado no informe técnico municipal, emitido con data do 12.8.2021 se apreciaron as seguintes deficiencias:

Parámetros de xestión de biomasa

Área de actuación

Faixa 0-10 metros

Faixa 10-30 metros

Faixa 30-50 metros

Estrato arbóreo:

– Piñeiro galego

– Piñeiro do país

– Piñeiro silvestre

– Piñeiro de Monterrey

– Piñeiro de Oregón

– Mimosa

– Acacia negra

– Eucalipto

(disposición adicional 3ª)

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 NON cumpre

Eliminación total das especies citadas

 Cumpre

 NON cumpre

Eliminación total das especies citadas

 Cumpre

 NON cumpre

Estrato arbustivo:

– Queiruga

– Carqueixa

– Uz, carpaza

– Xesta

– Piorno

– Fento

– Silva

– Toxo

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 NON cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 NON cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 NON cumpre

Estrato herbáceo

– Todas as herbáceas

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 NON cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 NON cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 NON cumpre

Estrato arbóreo

Frondosas caducifolias

– Ameneiro

– Pradairo

– Bidueiro

– Freixo/Freixa

– Castiñeiro

– Carballo

– Cerdeira

– Cerquiño

– Sobreira

– Aciñeira

– Abeleira

– Faia

– Umeiro

– Loureiro

– Sorbeira do monte

– Capudre

– Nogueira

– Érbedo

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 NON cumpre

Permitido:

Clareo: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si

Poda:

– Árbores <11,4 m de altura: poda ata 1/3 altura.

– Árbores >11,4 m de altura:

Poda mínima 4 m.

 Cumpre

 NON cumpre

Permitido:

Clareo: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si

Poda:

– Árbores <11,4 m de altura: poda hasta 1/3 altura.

– Árbores >11,4 m de altura:

Poda mínima 4 m.

 Cumpre

 NON cumpre

Vexetación seca

Arbórea, arbustiva e herbácea

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 NON cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 NON cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 NON cumpre

Unha pequena parte da parcela denunciada (aproximadamente 400 m2), concretamente a que linda coa parcela da denunciante (parcela 548), conta con estrato arbustivo e herbáceo, así como vexetación seca na maior parte da súa extensión, incumprindo deste modo os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda a eliminación total deste tipo de vexetación.

Quinto. Fixar o prazo de quince días naturais (contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación da comunicación definitiva, tras o trámite de audiencia ou á publicación definitiva do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado), para que se proceda, polo responsable, á realización das actuacións arriba indicadas, en cumprimento do previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Sexto. Transcorrido o devandito prazo, que por parte dos servizos técnicos municipais se realice visita de comprobación e emitan informe respecto diso para verificar a execución das actuacións materiais descritas por parte do interesado.

Sétimo. Apercibir ao responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, de que se non realiza as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido para o efecto, o Concello procederá, sen máis trámites, á execución subsidiaria destas.

Lembrar o responsable a obrigación que ten de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, sen que sexa necesario contar co seu consentimento.

Oitavo. Determinar que, segundo valoración técnica, a liquidación provisional dos custos aos que previsiblemente dará lugar a execución subsidiaria ascende a:

Ud.

Actuación

Prezo unitario

Cantidade

Importe

Roza matogueira c/ motorrozadora, ø=3-6 cm, pte<30 %

ha

Roza manual empregando motorrozadora dunha matogueira de diámetro basal comprendido entre 3 e 6 cm, en terreos con pendentes inferiores ao 30 %, e cunha superficie cuberta do 100 %, respectando aqueles exemplares que, por calquera motivo, deban conservarse. No caso de que a superficie cuberta sexa inferior ao 100 %, a medición verase afectada por un coeficiente redutor equivalente á proporción de superficie cuberta expresada en tanto por un.

1.783,54 €

0,1186

211,53 €

Apeo árbores ø >20-<=30 cm

pe

Corta manual de pés, con diámetro normal superior a 20 cm e inferior ou igual a 30 cm, densidade menor ou igual a 750 pés/ha.

0,75 €

20

15,00 €

Tronzado de fustes de ø >20-<=30 cm

m3

Tronzado mediante motoserra, de árbores de diámetro normal superior a 20 cm e inferior o igual a 30 cm, en trozas de 2,2 m.

2,66 €

31,4

83,52 €

Recollida e amoreamento residuos, dens<10 t/ha, pte<30 %

ha

Recollida e amoreamento de residuos forestais procedentes conxuntamente de rozas, podas e/ou claras ou rareos, con densidade inferior a 10 toneladas/hectárea, distancia máxima de recollida de 30 metros e pendente do terreo inferior o 30 %.

274,01 €

0,1186

32,50 €

Queima de residuos, densidade <10 t/ha (SEAGA)

ha

Queima controlada de residuos forestais amoreados procedentes de tratamentos silvícolas, con distancias entre piras inferiores a 20 m, e cunha densidade de residuo inferior a 10 toneladas por hectárea

190,47 €

0,1186

22,59 €

Total actuación

365,14 €

Coa advertencia de que, en caso de persistir no incumprimento, tras o transcurso do prazo de quince días concedido, se procederá á exacción do importe ao que ascende a liquidación provisional.

Todo iso sen prexuízo da liquidación definitiva que proceda unha vez finalizados, se é o caso, os traballos de execución subsidiaria.

Noveno. Advertir de que, en caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo de quince días outorgado, se iniciará tamén o correspondente procedemento sancionador.

Así mesmo, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da talla das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Décimo. Notificar a presente resolución aos interesados.

Recursos procedentes: contra as resolucións e os actos de trámite que decidan, directa ou indirectamente, sobre o fondo do asunto, determinen a imposibilidade de continuar co procedemento, produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, de conformidade co artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, que poderá fundamentar en calquera dos motivos de nulidade ou anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 da citada lei. O prazo para interpoñer o recurso potestativo de reposición será dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición será dun mes, desde a súa interposición (artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).

Así mesmo, e de conformidade co disposto no artigo 64 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo presente dáselle un prazo de dez días para que se presente nas dependencias deste Concello e examine o expediente para os efectos de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

A Lama, 13 de agosto de 2021

Jorge Canda Martínez
Alcalde presidente