Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 6 de setembro de 2021 Páx. 44260

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilamartín de Valdeorras

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa forestal.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícase ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas nos parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Exp.

Data de acta Inspección

Ref. catastral

Localización/Polígono/Parcela

Persoa responsable

426/2018

28.6.2021

32089A002002660000QP

Camiño da Fonte. Valencia do Sil

(polígono 2, parcela 266)

Manuel Carracedo Real

426/2018

28.6.2021

32089A002002710000QT

Camiño da Fonte. Valencia do Sil

(polígono 2, parcela 271)

José González Real/Elvira J. López Sánchez

426/2018

28.6.2021

32089A002003010000QT

Camiño da Fonte. Valencia do Sil

(polígono 2, parcela 301)

Augusto Sánchez Barjacoba

426/2018

28.6.2021

32089A002003040000QO

Camiño da Fonte. Valencia do Sil

(polígono 2, parcela 304)

Federico Rodríguez Brasa

426/2018

28.6.2021

32089A002003060000QR

Camiño da Fonte. Valencia do Sil

(polígono 2, parcela 306)

Generosa Fernández Rodríguez

426/2018

28.6.2021

32089A002003110000QX

Fonte. Valencia do Sil

(polígono 2, parcela 311)

Generosa Fernández Rodríguez

426/2018

28.6.2021

32089A002003120000QI

Fonte. Valencia do Sil

(polígono 2, parcela 312)

Aurora Rodríguez Braso

426/2018

28.6.2021

32089A002003140000QE

Fonte. Valencia do Sil

(polígono 2, parcela 314)

Isaac Barjacoba Vicente

426/2018

28.6.2021

32089A002003150000QS

Fonte. Valencia do Sil

(polígono 2, parcela 315)

Manuel Sánchez Rodríguez

426/2018

28.6.2021

32089A002003160000QZ

Fonte. Valencia do Sil

(polígono 2, parcela 316)

Justo Sánchez Barjacoba

351/2018

15.6.2021

32089A018008000000QR

Bosque. Vilamartín de Valdeorras

(polígono 18, parcela 800)

Descoñecido

1º. En virtude do que antecede, comunícase que na acta de inspección referida se comprobou que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Por tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario de xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará no día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento unha vez transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da citada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais establecidos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada de 5.300 euros por hectárea.

Nº de expediente

Ref. catastral

Hectáreas afectadas por execución subsidiaria

Liquidación provisional

426/2018

32089A002002660000QP

0,0107 ha

56,71 €

426/2018

32089A002002710000QT

0,0103 ha

54,59 €

426/2018

32089A002003010000QT

0,0374 ha

198,22 €

426/2018

32089A002003040000QO

0,0139 ha

73,67 €

426/2018

32089A002003060000QR

0,0393 ha

208,29 €

426/2018

32089A002003110000QX

0,0104 ha

55,12 €

426/2018

32089A002003120000QI

0,0108 ha

57,24 €

426/2018

32089A002003140000QE

0,0107 ha

56,71 €

426/2018

32089A002003150000QS

0,0121 ha

64,13 €

426/2018

32089A002003160000QZ

0,0096 ha

50,88 €

351/2018

32089A018008000000QR

0,11 ha

957,61 €

4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves e graves corresponderá á persoa titular da alcaldía e a dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves ao pleno do concello, de conformidade co establecido no artigo 21.ter.2 desta lei.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no 22.2 da Lei 3/2007.

Vilamartín de Valdeorras, 16 de agosto de 2021

Enrique Álvarez Barreiro
Alcalde