Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 6 de setembro de 2021 Páx. 44060

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas que se dediquen á elaboración de rocha ornamental, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, especificamente as que poidan derivar dunha exposición prolongada ao po, na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento IN317B).

Mediante a Orde do 27 de xaneiro de 2021, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación estableceu as bases para a concesión de subvencións a empresas privadas que se dediquen á elaboración de rocha ornamental, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, especificamente as que se poidan derivar dunha exposición prolongada ao po, na Comunidade Autónoma de Galicia, e convocáronse para o ano 2021.

En cumprimento do disposto no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no artigo 25 das bases reguladoras,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) das subvencións indicadas no anexo, concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 06.02.734A.770.0 ao abeiro da Orde do 27 de xaneiro de 2021 da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas que se dediquen á elaboración de rocha ornamental, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, especificamente as que poidan derivar dunha exposición prolongada ao po, na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento IN317B).

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2021

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación
P.D. (Orde do 24.6.2021; DOG núm. 127, do 6 de xullo)
Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Subvencións a empresas privadas que se dediquen á elaboración
de rocha ornamental, para a loita contra as enfermidades profesionais,
especificamente as que poidan derivar dunha exposición prolongada
ao po, na Comunidade Autónoma de Galicia

Beneficiario/a

NIF

Actuación

Axuda concedida (€)

Pizarras de Quiroga, S.A.

A27007731

Instalación de 4 extractores en liña para extracción de po en serras de corte de lousa.

26.063,11

Mármoles Baíñas, S.L.

B15577729

Compra dunha pulidora de cantos, así como compra de dous cascos antipó para traballos en seco fóra do taller.

37.989,00

Pizarras Villarbacú, S.L.

B24238263

Reforma integral de vestiarios interiores.

17.837.12

Mármoles del Río, S.L.

B15458235

Substitución de máquina cortadora electromecánica por cortadora robotizada.

50.000,00

Soluciones Valka, S.L.

B70435748

Substitución de cortina de aspiración de po por outra nova con maior capacidade de absorción e menor nivel de emisión sonora.

7.476,00

Juan Manuel Martínez Cernadas

78798590S

Adquisición e instalación dunha pulidora de cantos Starband 2 con refrixeración por auga para a redución de po en suspensión.

10.132,50

Mármoles Barbanza, S.L.

B70275094

Adquisición dunha cabina de aspiración con tres extractores equipada con filtros cab-300 para a eliminación do po en suspensión e execución da instalación eléctrica necesaria.

9.032,06

Mármoles Hércules, S.L.

B15927478

Compra de máquina recortadora de pedra automatizada que evita a volatilización de po mediante a introdución de auga.

47.250,00

José Quintáns Castro

44843052K

Adquisición e instalación dunha pulidora de cantos Starband S2.

9.712,50

Talleres Picón, S.L.

B15477029

Adquisición e instalación dunha pulidora de cantos Starband 2 con refrixeración por auga para a redución de xeración de po.

11.396,00

Pedras e Mármores Portosín, S.L.

B15561970

Adquisición de cabina de aspiración Mistral 4 Top.

12.030,20

Marmolería Blanco, S.L.

B36626018

Instalación de lavandaría para roupa contaminada con po de sílice.

3.949,79

Mármoles Barbeito, S.L.

B15203920

Adquisición e instalación de boquillas nebulizadoras para a mellora da ventilación.

2.445,56

Canteras de Lalín, S.L.

B36377844

Confinamento de equipamentos de corte e elaboración de granito.

16.443,00

Piedras y Granitos de Villanueva, S.L.

B36110104

Confinamento de equipamento de elaboración de granito.

3.682,00

Granitos Álvarez, S.L.

B36218980

Substitución de dúas vellas cabinas de aspiración que xa non cumpren a súa función por dúas cabinas de aspiración modelo Mistral 4 Top abribles equipadas con boxes corredizos.

24.060,40

Antonio Vázquez Fermández

32785038X

Cabina de aspiración filtro cab-300 con dous extractores.

7.385,00

Juan Pego e Hijos, S.L.

B15290216

Adquisición e instalación dunha máquina de chorreamento modelo BM-100-RC/EXC e os equipamentos de seguridade necesarios para o seu uso.

3.115,76