Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 6 de setembro de 2021 Páx. 44063

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento IN317A).

Mediante a Orde do 27 de xaneiro de 2021, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación estableceu as bases para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia, e convocáronse para o ano 2021.

En cumprimento do disposto no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no artigo 25 das bases reguladoras,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións indicadas no anexo, concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 06.02.734A.770.0 ao abeiro da Orde do 27 de xaneiro de 2021, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento IN317A).

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2021

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación
P.D. (Orde do 24.6.2021; DOG núm. 127, do 6 de xullo)
Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Subvencións a empresas privadas para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído,
no sector mineiro en Galicia

Beneficiario

NIF

Liña de axuda

Actuación

Axuda concedida (€)

Marcelino Martínez Galicia, S.L.U.

B36345874

A

Equipo de perforación hidráulica modelo Speedroc 2F con dous martelos Doofor.

105.000,00

Pizarras Valdacal, S.L.

B32225419

A

Instalación dun sistema de filtrado mediante mangas. Asesoramento técnico.

79.934,53

Cubiertas Fidalgo Canteras, S.A.

A32007817

A

Instalación dun sistema de filtrado mediante mangas. Acondicionamento da zona de entullo mediante a preparación dun foso e a instalación dun sistema de cintas para alimentación do entullo ao foso.

89.795,00

Pizarras de La Campa, S.L.

B32116873

A

Instalación dun sistema de filtrado mediante mangas. Asesoramento técnico.

119.191,33

Promoción de Industrias Orensanas, S.L.

A32006082

A

Recolocación e acondicionamento dunha instalación de filtrado mediante filtro de mangas para a optimización da captación de po.

3.560,00

Hormigones de Xaras, S.L.

B15025786

A

Instalación dun nebulizador con potencia de chorro de ata 35 m, ventilador de alta eficiencia e moi baixo ruído.

10.995,00

Canteras de Muro, S.L.

B27100973

A

Instalación dun sistema de irrigación das cintas transportadoras de áridos na planta de transformación. Instalación de aspersores nas zonas de paso de vehículos.

3.677,85

Magnesitas de Rubián, S.A.

A28101020

A

Prolongación do teito do foso e colocación no seu extremo de aspersores.

14.304,05

Áridos del Umia, S.A.U.

A36002558

A

Instalación de peche con panel sandwich de 35×35 que cubra a criba de clasificación en seco e instalación de paneis separadores sobre os muros de formigón existentes na zona de provisión.

9.862,80

Myhnor Morteros y Hormigones del Noroeste, S.L.

B15803976

A

Instalación de pantalla acústica que consta de: en panel metálico fonoabsorbente, portón de acceso de vehículos fonoabsorbente, zapatas illadas, vigas de atado, perfís HEA 260 laminados en quente, placas de ancoraxe de aceiro S275, nervios e muretes para o soporte dos perfís.

51.133,80

Granitos y Áridos de Atios, S.L.

B36023133

B

Remodelación da cabina preexistente para implementación do centro de control e mando da instalación de primaria, co interior dotado de climatización para illamento do operario de po e ruído. Adecuación do cadro de mando e control da instalación de primaria na cabina. Instalación dun sistema cerrado de videocámaras para o control da instalación de primaria desde o interior da cabina de control e mando.

6.301,51

Granitos Excavaciones y Construcción, S.L.

B32322448

B

Adquisición de máquina de corte por fío. Adquisición de perforadora automarchante sobre eirugas.

54.463,50

Granitos y Áridos de Atios, S.L.

B36023133

B

Instalación de sistema de atomizadores con tensoactivo en focos potenciais de xeración de po de sílice. Instalación de sistema de bombeo e dosificación de tensoactivos para atomizadores. Instalación eléctrica e cadro de control do sistema de atomizadores.

39.200,00

Cubiertas Fidalgo Canteras, S.A.

A32007817

B

Acondicionado da nave 3 de serradura dotándoa de cilindros de alimentación desde fóra dela, alimentando as serras con dobre cinta, e preparación de soleira e contorno para a maquinaria anterior, instalación de cabinas presurizadas para dous postos. Aspiración e filtración para cortadora e catro postos de traballo na nave 3 de elaboración. Contratación de asesoría técnica especializada.

119.307,36

Canteras Fernández, S.L. Elaboración, S.COM

D32031395

B

Instalación de 10 cabinas con filtración HEPA para serradores. Adquisición de recortadora automática de dobre disco optimizada para po e ruído con alimentación automática. Adquisición de recortadora automática de dobre disco optimizada para po e ruído con alimentación manual. Instalación de sistema de presurización con filtración HEPA para cabina de pa cargadora. Instalación de 4 sistemas de humectacións á saída de cortadoras. Adquisición de aspiradora industrial. Contratación de asesoría técnica especializada.

101.403,60

Canteras Fernández, S.L. Elaboración, S.COM

D32031395

B

Instalación de 5 cabinas con filtración HEPA para serradores. Instalación de sistema de presurización con filtro HEPA 13 en cabina de pa cargadora. Instalación de sistema de humectación á saída de cortadoras. Adquisición de aspiradora industrial. Instalación de sistema de rega automática na contorna da nave e no acceso a pistas. Contratación de asesoría técnica especializada.

6.581,58

Francisco Gómez y CIA, S.L.

B15009533

B

Instalación dun sistema de supresión de po con auga nebulizada a alta presión en nove puntos do establecemento de beneficio.

24.480,00

Castrelos Elaboración, S.L., S.COM

D32016099

B

Instalación de 9 cabinas con filtración HEPA para serradores. Instalación de sistema de humectación á saída de recortadoras (4 puntos de humectación). Aumento do sistema de rega no contorno da nave mediante a instalación de bocas de rega e control automático destas. Contratación de asesoría técnica especializada.

32.352,39

Lemmar Granite, S.L.

B94148483

B

Adquisición dun equipo de sonda de perforación sobre carro con eiruga e dotado con varrido de auga. Adquisición de máquina de fío con movemento autónomo.

64.557,50

Lemmar Granite, S.L.

B94148483

B

Instalación dun equipamento de rega por aspersión, mediante aspersores por columna para a pulverización de pistas de acceso e das plataformas de traballo.

7.749,00

Lemmar Granite, S.L.

B94148483

B

Adquisición de 12 armarios de dobre porta para os vestiarios.

760,54

Hormigones y Áridos La Barca, S.A.

A15052376

B

Colocación de capotas ao longo das cintas transportadoras principais.

18.340,00

Prebetong Lugo, S.A.

A27003250

B

Instalación dun sistema de ventilación e climatización na sala de control de secundaria. Actualización do sistema de nebulización consistente na substitución de electroválvulas e pulverizadores da instalación. Instalación de sistema de rega automática nas vías de acceso e zona de moegas.

15.595,31

Prebetong Áridos, S.L.U.

B27705664

B

Adecuación e instalación dun sistema de pulverización-nebulización focalizado nos puntos de descarga primaria e secundaria. Adquisición de novos módulos de armarios para dispoñer de dúas unidades por traballador

4.798,49

Canteras de Muro, S.L.

B27100973

B

Creación dunha estrutura de traballo pechada para a provisión de materiais consistente nunha estrutura metálica cuberta (15,5 M × 10 M × 6 M) con dúas portas corredizas, así como a soleira sobre a que se asenta.

16.189,80

Rocas Maresgra, S.L.

B36587699

B

Instalación de vestiarios incluídos aseos e duchas.

17.304,06