Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43679

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Lama

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente 212/2021).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a imposibilidade de notificación, por causas non imputables a esta Administración, e de acordo co establecido no punto 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2017, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, faise pública a Resolución de comunicación e requirimento para o cumprimento do deber de xestionar a biomasa na parcela de referencia catastral 36025A020000200000GF que, na súa parte dispositiva, establece:

Primeiro. Efectuar comunicación para lembrar ao responsable o cumprimento das obrigacións incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:

Referencia catastral

36025A020000200000GF

Localización

Lg. Os Carreiros, 6, Antas

Superficie

924 m² = 0,0924 ha

Rede de defensa contra incendios

Asimilable rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Segundo. Identificar a Eladia Moreira Neira como responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas por figurar como titular dos terreos na Dirección Xeral do Catastro.

Terceiro. De acordo co Informe Técnico Municipal, emitido en data 23.7.2021, apreciáronse as seguintes deficiencias:

Parámetros de xestión de biomasa

Área de actuación

Faixa 0-10 metros

Faixa 10-30 metros

Faixa 30-50 metros

Estrato arboreo:

– Piñeiro galego

– Piñeiro do país

– Piñeiro silvestre

– Piñeiro de Monterrey

– Piñeiro de Oregón

– Mimosa

– Acacia Negra

– Eucalipto

(disposición adicional 3ª)

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

☑ Non cumpre

Eliminación total das especies citadas

 Cumpre

☑ Non cumpre

Eliminación total das especies citadas

 Cumpre

☑ Non cumpre

Extrato arbustivo:

– Queiruga

– Carqueixa

– Uz, carpaza

– Xesta

– Piorno

– Fento

– Silva

– Toxo

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(hasta 20 cm de altura)

 Cumpre

☑ Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

☑ Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

☑ Non cumpre

Extrato herbaceo

– Todas as herbáceas

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(hasta 20 cm de altura)

 Cumpre

☑ Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(hasta 20 cm de altura)

 Cumpre

☑ Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(hasta 20 cm de altura)

 Cumpre

☑ Non cumpre

Extrato arboreo

Frondosas caducifolias

– Ameneiro

– Pradairo

– Bidueiro

– Freixo/Freixa

– Castiñeiro

– Carballo

– Cerdeira

– Cerquiño

– Sobreira

– Aciñeira

– Abeleira

– Faia

– Umeiro

– Loureiro

– Sorbeira do monte

– Capudre

– Nogueira

– Érbedo

Eliminación total de todo tipo de vegetación

(hasta 20 cm de altura)

 Cumpre

☑ Non cumpre

Permitido:

Clareo: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si

Poda:

– Árboles <11,4 m de altura: Poda hasta 1/3 altura.

– Árboles >11,4 m de altura:

Poda mínima 4 m.

 Cumpre

☑ Non cumpre

Permitido:

Clareo: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si

Poda:

– Árboles <11,4 m de altura: Poda hasta 1/3 altura.

– Árboles >11,4m de altura:

Poda mínima 4 m.

 Cumpre

☑ Non cumpre

Vegetación seca

Arbórea, arbustiva y herbácea

Eliminación total de todo tipo de vegetación

 Cumpre

☑ Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vegetación

 Cumpre

☑ Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vegetación

 Cumpre

☑ Non cumpre

A parcela denunciada conta con extracto arbóreo (frondosas caducifolias), en parte da súa extensión, incumprindo deste xeito os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda o clareo coa formación de masas mixtas distanciadas 7 metros entre si e a poda das arbores <11,4 m de altura ata 1/3 da súa altura e dos arbores >11,4 m de altura ata 4 metros da súa altura.

Igualmente, a parcela denunciada conta con extracto arbóreo (incluído na disposición adicional 3ª: piñeiro, mimosa, acacia e eucalipto), arbustivo e herbáceo, así como vexetación seca na maior parte da súa extensión, incumprindo deste xeito os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda a eliminación total deste tipo de vexetación.

Cuarto. Fixar o prazo de quince días naturais (contados desde o día seguinte á recepción da notificación da comunicación definitiva tras o trámite de audiencia ou á publicación definitiva do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado tras o trámite de audiencia), para que proceda, o responsable, á realización das actuacións arriba indicadas, en cumprimento do previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Quinto. Transcorrido o devandito prazo, que os servizos técnicos municipais realizan a visita de comprobación e emiten informe respecto diso para verificar a execución das actuacións materiais descritas por parte do interesado.

Sexto. Apercibir o responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, de que, se non realizan as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido para o efecto, o concello procederá, sen máis trámites, á súa execución subsidiaria.

Lembrar ao responsable a obrigación que ten de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, sen que sexa necesario contar co seu consentimento.

Sétimo. Determinar que, segundo valoración técnica, a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a execución subsidiaria ascende a:

Ud.

Actuación

Prezo unitario

Cantidade

Importe

Roza matogueira c/ motorrozadora, ø=3-6 cm, pte<30 %

Ha

Roza manual empregando motorrozadora dunha matogueira de diámetro basal comprendido entre 3 e 6 cm, en terreos con pendentes inferiores ao 30 %, e cunha superficie cuberta do 100 %, respectando aqueles exemplares que, por calquera motivo, deban conservarse. No caso de que a superficie cuberta sexa inferior ao 100 %, a medición verase afectada por un coeficiente redutor equivalente á proporción de superficie cuberta expresada en tanto por un.

1.783,54 €

0,0924

164,80 €

Corta polo pé árbores ø >12-<=20 cm

pe

Corta manual de pés, con diámetro normal superior a 12 cm e inferior ou igual a 20 cm, densidade menor ou igual a 750 pés/ha.

0,38 €

10

3,80 €

Tronzado de fustes de ø >12-<=20 cm

Tronzado de fustes con motoserra, de árbores de diámetro normal superior a 12 cm e inferior o igual a 20 cm, en toros de 2,5 m.

3,98 €

3,768

15,00 €

Recollida e amoreamento de residuos, dens<10 t/ha, pte<30 %

Ha

Recollida e amoreamento de residuos forestais procedentes conxuntamente de rozas,
podas e/ou claras ou clareos, con densidade inferior a 10 toneladas/hectárea, distancia máxima de recollida de 30 metros e pendente do terreo inferior o 30 %.

274,01 €

0,0924

25,32 €

Queima de residuos, densidade <10 t/ha (Seaga)

Ha

Queima controlada de residuos forestais amoreados procedentes de tratamentos silvícolas, con distancias entre piras inferiores a 20 m, e cunha densidade de residuo inferior a 10 toneladas por hectárea.

190,47 €

0,0924

17,60 €

Clareo e poda densidade baixa

Ha

Clareo e poda en montes con densidade baixa. Corta de pés sobrantes e das polas baixas no arboredo restante, con alturas máximas de poda de ata 2 m aproximadamente.

1.153,60 €

0,0924

106,59 €

Total actuación

226,51 €

Coa advertencia de que, en caso de persistir no incumprimento, tras o transcurso do prazo de quince días concedido, procederase á exacción do importe ao que ascende a liquidación provisional.

Todo iso sen prexuízo da liquidación definitiva que proceda una vez finalizados, de ser o caso, os traballos de execución subsidiaria.

Oitavo. Advertir que, en caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo de quince días outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador.

Así mesmo, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da talla das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Noveno. Notificar a presente resolución aos interesados para que, no prazo de dez días, poidan examinar o expediente, formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que xulguen pertinentes. Recibidas as alegacións ou transcorrido o prazo de audiencia outorgado, a Alcaldía formulará comunicación definitiva ao responsable, co contido sinalado no punto sétimo da Instrución 1/2018, do 26 de abril, en que se lle lembrarán as mencionadas obrigas incumpridas e concederáselle para cumprilas un prazo máximo de quince días naturais.

Recursos procedentes: contra as resolucións e os actos de trámite que decidan, directa o indirectamente, sobre o fondo do asunto, determinen a imposibilidade de continuar co procedemento, produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, de conformidade co artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, que poderá fundamentar en calquera dos motivos de nulidade ou anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 da citada lei. O prazo para interpoñer o recurso potestativo de reposición será dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición será dun mes, desde a súa interposición (artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).

Así mesmo, e de conformidade co disposto no artigo 64 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante o presente anuncio dáselle un prazo de dez días para que se presente nas dependencias deste concello e examine o expediente para os efectos de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que xulguen pertinentes.

A Lama, 10 de agosto de 2021

Jorge Canda Martínez
Alcalde presidente