Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43678

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fisterra

EDICTO de información pública do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico de Fisterra (PEPRI).

Mediante a Resolución da Alcaldía do 10 de agosto de 2021, acordouse abrir un novo trámite de información pública do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico de Fisterra (PEPRI).

De conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública polo prazo de dous (2) meses contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello no enderezo https://www.concellofisterra.gal

Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que formulen as alegacións que consideren pertinentes ou para obteren copias.

Se transcorrido o dito prazo, non se presentan alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

Fisterra, 10 de agosto de 2021

José Marcote Suárez
Alcalde presidente