Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 18 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2021/0187-4 e catro máis.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícanselle ás empresas que se relacionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar as resolucións (que non poñen fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, logo de cita no teléfono 986 81 70 11.

Fáiselles saber ás interesadas que poden formular recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselles que, de non interpoñelos no tempo e na forma que procedan, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a consellería de Facenda correspondente.

Expediente: RL 2021/0187-4.

Acta: I362020000077325.

Empresa: Pikito de Oro 2019, S.L.

Enderezo: estrada Bembrive, 236, Vigo.

Materia: obstrución.

Preceptos infrinxidos: artigos 12 do Convenio da OIT do 11 de xullo de 1947, sobre Inspección de Traballo e Industria e nos artigos 13 e 18 da Lei 23/2015, do 21 de xullo, ordenadora da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Preceptos sancionadores: artigos 39.1, 39.2 e 50.4.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 19.5.2021.

Resolución: multa de 6.251 €.

Expediente: RL 2021/0190-4.

Acta: I362021000006067.

Empresa: Proyectos Santa Lucía, S.L.

Enderezo: polígono industrial A Fieiras, 10, Santa Lucía de Moraña (capital) (Pontevedra).

Materia: obstrución.

Preceptos infrinxidos: artigo 18 da Lei 23/2015, ordenadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social, do 21 de xullo.

Preceptos sancionadores: artigos 39 e 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 30.6.2021.

Resolución: multa de 626 €.

Expediente: RL 2021/0191-4.

Acta: I362021000002936.

Empresa: Marcos Antonio Barboza Roman.

Enderezo: estrada Roteas, 43, baixo, Oia.

Materia: obstrución.

Preceptos infrinxidos: artigo 18 da Lei 23/2015, ordenadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social, do 21 de xullo.

Preceptos sancionadores: artigos 39 e 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 30.6.2021.

Resolución: multa de 626 €.

Expediente: RL 2021/0197-4.

Acta: I362021000021225.

Empresa: WANG..., GUOYAO.

Enderezo: calle del Camino Viejo de Leganés, 17, Madrid.

Materia: obstrución.

Preceptos infrinxidos: artigo 18.2 da Lei 23/2015 ordenadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social, do 21 de xullo.

Preceptos sancionadores: artigos 50.4.c) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 30.6.2021.

Resolución: multa de 6.251 €.

Expediente: RL 2021/0210-4.

Acta: I362021000025568.

Empresa: Roman Ferro Rojo.

Enderezo: lugar Tellado, 12 Ramirás (Ourense).

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 34 e 34.9 do Real decreto do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, e artigos 14 e 15 do Convenio colectivo da provincia de Pontevedra de acordo co artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Preceptos sancionadores: artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, do mesmo texto legal.

Data da resolución: 2.7.2021

Resolución: multa de 626 €.

Vigo, 18 de agosto de 2021

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra