Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 26 de agosto de 2021 Páx. 42941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 11 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2018/0133-4.

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, notifícaselles no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a fin da suspensión cautelar e o restablecemento da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada, no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, a comunicación do acordo de sobresemento provisional e arquivamento das actuacións, declarado firme, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño, ditado no procedemento 567/2017, polo accidente laboral do traballador João Filipe Faria dos Santos.

Dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinaren o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 81 70 11. Transcorrido este prazo, ditarase resolución.

Os documentos que constan no expediente son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (10.4.2018).

• Comunicación do auto xudicial.

Expediente: RL 2018/0133-4.

Acta: I362018000020581.

Empresa: Cubic Building Construcción, S.L.

Enderezo: rolda Can Rabada, 5-2º pta. 2 Ed. Logic, Castelldefels-Barcelona.

Vigo, 11 de agosto de 2021

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra