Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, notifícaselles no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a fin da suspensión cautelar e o restablecemento da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada, no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, a copia da sentenza do Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra, ditada no procedemento 65/2019, polo accidente laboral do traballador Diego Estalote Zas.
Dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinaren o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 81 70 11. Transcorrido este prazo, ditarase resolución.
Os documentos que constan no expediente son:
• Acta de infracción.
• Xustificante da notificación (27.3.2018).
• Copia da sentenza xudicial.
Expediente: RL 2018/0111-4.
Acta: I362018000020985.
Empresa: Procesado de Biomasas del Norte, S.L.
Enderezo: Valboa-parroquia Arnois, 41, A Estrada.
Vigo, 11 de agosto de 2021
Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra