Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 25 de agosto de 2021 Páx. 42581

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2021 pola que se dá publicidade da encomenda do Servizo Galego de Saúde á Axencia Galega de Infraestruturas da xestión das actuacións para a execución das obras da fase I da reprogramación funcional do Plan director do Complexo Hospitalario de Ourense.

De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade da seguinte encomenda coas seguintes características:

– Resolución do 11 de xuño de 2021, do conselleiro de Sanidade e presidente do Servizo Galego de Saúde, pola que se encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para a execución das obras da fase I da reprogramación funcional do Plan director do Complexo Hospitalario de Ourense.

– Actividade: a Axencia Galega de Infraestruturas asumirá a xestión das actuacións para a execución das obras da fase I da reprogramación funcional do Plan director do Complexo Hospitalario de Ourense.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: o encargo ten natureza de encomenda intersubxectiva a medio propio, segundo o disposto no artigo 13.1 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, e nos artigos 9 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ao ter a Axencia Galega de Infraestruturas a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Financiamento: a realización das actividades e/ou actos e negocios xurídicos necesarios para a execución desta encomenda de xestión por parte da Axencia Galega de Infraestruturas efectuarase a título gratuíto, sen que exista retribución ou tarifa.

– Prazo de vixencia: a eficacia da encomenda para a execución das obras da fase I da reprogramación funcional do Plan director do Complexo Hospitalario de Ourense estenderase desde o día seguinte ao da súa sinatura ata a data de finalización do prazo de garantía.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2021

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade