Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 19 de agosto de 2021 Páx. 41665

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de xullo de 2021, polo que se declara o interese autonómico do proxecto de ampliación do Complexo Ambiental de Cerceda, situado no lugar de Morzós, As Encrobas (A Coruña), para os efectos previstos na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia.

Co obxecto de darlle cumprimento ao sinalado no artigo 42.4 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, faise público o acordo adoptado polo Consello da xunta de Galicia, na súa reunión do 15 de xullo de 2021,que ten o seguinte tenor literal:

«1º. Declarar o interese autonómico do proxecto de ampliación do Complexo Ambiental de Cerceda, situado no lugar de Morzós, As Encrobas (A Coruña).

2º. Determinar como órgano competente, por razón da materia, para a tramitación do procedemento de aprobación do proxecto, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, debendo esta cumprir co procedemento legalmente establecido».

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático