Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 18 de agosto de 2021 Páx. 41506

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de apoio á recuperación de negocios en crise ou sen remuda xeracional mediante fórmulas de economía social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento TR802R).

BDNS (Identif.): 579689.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).

Primeiro. Entidades beneficiarias

As sociedades laborais e cooperativas, previstas no artigo 6 da Lei 6/2016, do 4 de maio, de economía social de Galicia, xurdidas de sociedades de capital, sociedades civís, asociacións que estivesen a desenvolver unha actividade económica ou persoas autónomas preexistentes, a través dun proceso de transformación encadrable nalgún dos procesos que se detallan no artigo 6 da orde.

Segundo. Obxecto e finalidade

Apoiar a recuperación de negocios en crise ou sen remuda xeracional, mediante fórmulas de economía social, destinadas a remediar a grave perturbación que na economía galega provocou o gromo de Covid-19 e a impulsar a actividade económica.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de apoio á recuperación de negocios en crise ou sen remuda xeracional mediante fórmulas de economía social e se procede a súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento TR802R).

Cuarto. Contía

O orzamento total ascende a dous millóns cincocentos mil euros (2.500.000,00 €), distribuído en dúas anualidades:

Aplicación orzamentaria

Código do proxecto

2021

2022

Importe

11.04.324C.471.0

2021.0067

200.000,00 €

800.000,00 €

1.000.000,00 €

11.04.324C.771.0

2021.0067

300.000,00 €

1.200.000,00 €

1.500.000,00 €

Total

500.000,00 €

2.000.000,00 €

2.500.000,00 €

O programa inclúe catro liñas de financiamento cun máximo de 50.000 euros por entidade beneficiaria. A primeira liña de axuda establece apoios de ata 40.000 euros para investimentos vinculados coa adquisición de activos esenciais para o óptimo funcionamento da nova entidade; a segunda liña establece unha axuda máxima de 10.000 euros para os asesoramentos precisos para o cumprimento das obrigas legais e do proceso de planificación e valoración económica previo ao proceso de transformación; a terceira liña prevé unha axuda máxima de 10.000 euros para o desenvolvemento de servizos de profesionalización, planificación e plans estratéxicos; e a cuarta liña establece unha axuda máxima de 10.000 euros para o financiamento dos gastos correntes en que incorra a entidade beneficiaria nos doce meses seguintes á súa constitución.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda comezará a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2021, salvo que se produza o suposto de esgotamento do crédito orzamentario.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade