Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 18 de agosto de 2021 Páx. 41574

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 29 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da infraestrutura gasística denominada planta de Upgrading para produción de biometano comprimido na EDAR Bens, no concello da Coruña, promovido por Naturgy Energy Group, S.A. (expediente IN627A 2021/5-1).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Naturgy Energy Group, S.A. con CIF nº A080015497, e con dirección a efectos de notificación en Avenida San Luís, 77, 28033 Madrid.

Obxecto da petición: o proxecto contempla a execución dunha Planta de Upgrading para producción de biometano comprimido na EDAR Bens (A Coruña):

• Sistema de alimentación de biogás á instalación

– Unidade de secado

– Unidade de impulsión de biogás mediante soplante (con variador de velocidade para poder regular o caudal de biogás).

– Sistema de filtrado do biogás para eliminar SH2 e Siloxanos sobre carbón activo.

– Sistema de compresión e unidade de secado II e filtrado.

– Sistema de membranas.

• Saídas:

– Módulo de inxección.

– Pilotos de experimentación.

– Sistema de subministración vehicular.

– Off-gas (CO2).

• Sistemas auxiliares:

– Sistemas de medición e análise de biogás e de biometano

– Sistema de refrixeración con aire (chiller).

– Sistema de aire comprimido para instrumentos e accionamentos de válvulas.

– Sistema de inertización con nitróxeno.

– Sistemas de drenaxes e venteos.

– Sistema de protección contraincendios.

– Sistema de control.

– Instalación eléctrica.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data da última publicación deste anuncio.

A documentación estará ao dispor dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º planta, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 18 49 38). Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-gas

A Coruña, 29 de xullo de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña